O Día dos Museos conmemórase internacionalmente o 18 de maio. Aproveitando a efeméride, a Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus celebran unha xornada de portas abertas este sábado 24. Non obstante, para visitar o acuario coruñés será imprescidible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de tres días de antelación nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva. Na Domus a entrada nesta xornada será libre.
No que respecta á Casa das Ciencias, a visita ás salas expositivas será libre. Porén, a asistencia ás sesións do Planetario requirirá reserva previa de entradas, cun día de antelación, nesta ligazón. Estas son as actividades programadas:
- 11:30 h. Dinosauros. Unha historia de supervivencia (galego, 6–12 anos)
- 13:00 h Biosfera oscura (castelán, + 10 anos)
- 17:00 h Hazelnuts. Na procura do planeta perfecto (galego, 4–7 anos)
- 18:00 h O ceo de hoxe (directo), (cast./gal., + 10 anos)
Concerto no Aquarium
A celebración do Día dos Museos completarase no Aquarium Finisterrae cun concerto que se ofrece a través da Asociación Cultural Tres por Catro, e no que participa o grupo EntrElas, formado exclusivamente por voces femininas que cantan a capela a súa particular versión de temas actuais e atemporais. Será ás 17:00 horas do 24 de maio e para asistir é necesario reservar as entradas do acuario para esa franxa horaria.













