De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo

O Aquarium Finisterrae acollerá o vindeiro sábado 1 de febreiro a VII Feira de Ciencia Isabel Zendal, que despregará nas salas do museo 14 obradoiros divulgativos impartidos por profesorado da Universidade da Coruña (UDC). Dende os Museos Científicos Coruñeses, que inclúen a Casa das Ciencias e a Domus, describen o evento como “unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia”.

A feira incluirá xornada de portas abertas con entrada gratuíta ao Aquarium. Para participar nos talleres é preciso reservar entradas. Poderase facer a partir das 9 horas do mércores 29 de xaneiro nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o necesitan.

Publicidade

As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas como os protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Ana González Tizón e Andrés Martínez Lage farán de Isabel Zendal e Francisco Balmis, mentres que os alumnos e alumnas serán os nenos que se vacinaron.

Saúde, bioloxía… e peixes!

A feira incluirá 14 talleres divulgativos sobre algúns dos grupos animais máis característicos que se poden ver no Aquarium Finisterrae como peixes, polbos, quenllas e cangrexos ademais doutros temas sobre saúde e bioloxía. A continuación podes consultar todos os obradoiros, que se celebrarán en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 18.30 horas. Están dirixidos ao público xeral:

Publicidade

  • Súper quenllas. Presentación da quenlla de Groenlandia, un peixe cartilaxinoso cunhas características xenéticas e fisiolóxicas que lles fai parecer uns superheroes.
  • Doutor Octopus. Os polbos son mestres da camuflaxe, cambian de cor con habilidade ante determinadas situacións, adaptándose ao fondo mariño pasando desapercibidos para outras especies. Neste taller explicarase como, cando e por que se camuflan.
  • Un curioso mexicano. A especie Ambystoma mexicanum é un un animal sorprendente. Mediante xogos e crebacabezas proponse descubrir que é a neotenia, o curioso proceso que o fai tan especial.
  • Peixes mutantes. Proponse ao público crear o seu propio peixe mutante.
  • Don cangrexo. Un taller sobre como viven os cangrexos, a súa anatomía, bioloxía e os seus cromosomas.
  • Editando xenomas. Explicación da tecnoloxía CRISPR-Cas9, utilizada en xenética e bioloxía molecular e que permite cambiar o ADN dun organismo.
  • Telómero e telomerasa. Explicarase como funcionan os telómeros, rexións dos cromosomas que garanten a estabilidade dos xenomas, e que son responsables do envellecemento.
  • Garda o equilibrio! Describirase o centro de gravidade e a súa importancia para manter o equilibrio, explorando a estabilidade das embarcacións.
  • Vacinas e vitaminas. Un taller para descubrir que son e como funcionan as vacinas, e o papel dos anticorpos e o sistema inmune.
  • Viralízate. Para coñecer que son os virus, como funcionan, como infectan os seus hospedadores. Son ou non seres vivos?
  • Toma vitamina! O papel da vitamina C no funcionamento do organismo e determinación da cantidade presente nalgúns alimentos.
  • Pequenos cambios, grandes impactos. Como se reparan as mutacións no ADN e cales son as súas consecuencias.
  • Taller de enfermería. Reanimación cardiopulmonar básica, primeiros auxilios de feridas, conceptos básicos de nutrición, calzado saudable, antropometría e morfoloxía do pé, estudo das presións plantares.

A feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva el nombre de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembre de 1803.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades
00:00:45

O Aquarium Finisterrae incorpora dous tiburóns á sala Nautilus

Os exemplares foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie no que colabora o acuario coruñés