A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopouno preto da lancha

Unha balea en plena Costa da Morte. Así de curiosa foi a situación que viviu Julio Canosa, de Fish-Terra. Desde a empresa, que realizan saídas para pescar e outras actividades, como visitas ao mar de ardora, non esperaban atopar ao rorcual. Foi o pasado martes, cando xunto cunha familia francesa que se atopaba de vacacións, puideron observar a aleta dun animal grande. Unha balea común pode medir ata 27 metros se é femia e 24 se é macho.

O animal estivo dando voltas ao redor da lancha e foi unha sorpresa para a familia e para Julio. “Estábamos pescando e apareceu preto de nós”, explica Canosa. O rorcual estivo un rato saíndo a flote pola zona. El foi quen gravou o vídeo nese espectáculo sorprendente. Aínda que non é unha imaxe habitual, as baleas poden aparecer na costa galega e, nalgunhas ocasións, forma parte da súa ruta migratoria.

Publicidade

Unha das maiores preocupacións con estes animais é o elevado consumo de microplásticos que inundan os océanos. Segundo un estudo, poden chegar a inxerir ata 10 millóns de fragmentos destes contaminantes, de entre 0,001 a 5 milímetros. Os investigadores non saben canto deste plástico pode quedar nos seus corpos nin os efectos que pode ter na saúde. Iso si, son un factor de estrés adicional para un animal que se atopa en estado de vulnerabilidade.

O tipo de balea máis común nas costas galegas é a balea alibranca, unha das máis pequenas do Atlántico. En verán, aliméntanse nos viveiros que son as rías galegas. O seu tamaño e peso, que normalmente é de entre sete e dez metros de lonxitude e de menos de 10 toneladas. A balea común que atopou este barco pesa entre 50 e 80 toneladas e mide entre 18 e 22 metros de lonxitude.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla