Unha gran depresión atmosférica causará un drástico descenso das temperaturas

Galicia experimentará unha baixada de ata 10 graos nas máximas en apenas 48 horas

Galicia experimentará a mediados desta semana “un xiro importante” de tempo. Unha gran depresión atmosférica, que se descolgará sobre o oeste de Europa, provocará un drástico descenso das temperaturas a partir deste mércores. Pasaremos de valores que superaban os 24 graos durante esta fin de semana do Entroido, a unha baixada de ata 10 graos nas temperaturas. De feito, durante o mércores 22 producirase un descenso progresivo da cota de neve, que pasará dos 1.200 aos 600 metros en tan só unhas horas. Ademais, unha fronte fría que chegará este mércores polo litoral noroeste deixará precipitacións no litoral coruñés que se irán desprazando por toda Galicia ao longo da xornada.

En palabras recollidas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, este cambio de tempo obrigaranos a pasar dun ambiente primaveral a un “rigoroso inverno”. A inestabilidade xa se comezará a notar a comezos de semana debido á entrada de aire frío en capas altas da atmosfera. Durante as últimas horas da tarde deste luns, haberá chuvias que serán máis probables e intensas no sur e este de Galicia. Porén, as temperaturas aínda non experimentarán cambios. De feito, rexistraranse máximas de 24 graos en Pontevedra. A máis baixa de Galicia será a de Lugo, con 19 graos.

Publicidade

Galicia recuperará a influencia anticiclónica na última semana de febreiro

O escenario manterase estable ata o mércores, cunha temperatura máxima de 11 graos en Ouresnse e Vigo. A cota de neve situarase entre os 500 e 700 metros, cunha baixada considerable en relación a principios da semana. De feito, o xoves repetirase o mesmo escenario, con presenza de aire frío, tanto en superficie como en altura. As precipitacións, segundo informan dende Meteogalicia, serán máis frecuentes na metade norte. As temperaturas irán descendendo, debido a esa depresión atmosférica, con mínimas de 1 grao en Ourense, Lugo e Santiago.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1627567335300116489

Finalmente, a situación aínda é incerta de cara á última fin de semana de febreiro. Espérase que os mapas se continúen actualizando nos próximos días, pero o prognóstico apunta a menos inestabilidade pero maior sensación de frío. Segundo indican dende Meteogalicia, durante o venres e as primeiras horas do sábado manterase unha alta probabilidade de precipitación, situada entre o 75% e o 80%. Porén, e conforme vaia avanzando o día 25, Galicia recuperará a influencia anticiclónica. O domingo haberá de novo un tempo seco con temperaturas que serán baixas para a época do ano, con mínimas de 3 graos, dado os ventos de compoñente norte que predominarán durante toda a xornada.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual