Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Galicia rexistrou 47.099 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior, o que o converte no segundo ano con máis descargas eléctricas da serie ao estar só por detrás dos 47.937 detectados en 2017. Máis polo miúdo, houbo 77 días de treboada, destacando o mes de xuño con 15 días; maio, con 13, e setembro, con 12. Así, o mes de xuño destaca con 16.640 raios, o 35% do total do ano, mentres que, en setembro e maio, rexistráronse 13.675 e 13.583, respectivamente.

Por outra banda, o día con maior número de raios detectados foi o 9 de setembro, cando se detectaron 10.204 descargas. Nesa xornada, Galicia atopábase baixo a influencia dunha extensa zona de baixas presións relativas en superficie acompañada por unha depresión en altura ao noroeste da península. Esta situación derivou nunha elevada inestabilidade atmosférica, ao ter lugar nunha época do ano na que en superficie as masas de aire aínda son moi cálidas.

Publicidade

Por provincias, Lugo rexistrou o 34% do total de raios detectados en 2023; seguida de Ourense, cun 28%; Pontevedra, cun 20%; e A Coruña, co 18%. Neste senso, cómpre lembrar que MeteoGalicia conta desde finais de 2009 cunha rede de detección de descargas eléctricas nube-terra que permite a monitorización de treboadas en tempo real. A maiores, o sistema tamén estima as posibles evolucións a moi curto prazo destes fenómenos. A rede está composta por 4 detectores de raios: no Alto do Rodicio (Ourense), Castro Ribeiras de Lea (Lugo), Mabegondo (A Coruña) e Vigo Campus (Pontevedra).

En canto á radiosondaxe, cómpre indicar que se trata dun método de exploración da atmosfera que permite coñecer a estrutura vertical desde o chan ata unha altura de 25 quilómetros por medio da medida das principais variables termodinámicas (temperatura, humidade e presión). Lánzase unha vez á semana, os martes, ás 9 horas, aproximadamente.

Publicidade

Ao longo do ano 2023, as medidas evidenciaron que a altitude da tropopausa —zona de transición entre a troposfera e a estratosfera— variou entre os 10 km en febreiro e os 14 km en agosto, mentres que a do cero térmico oscilou entre 2 km (xaneiro) e 5 km (agosto). A nivel anual, a altura media da tropopausa achouse en 12,1 km e a do cero térmico a 3,2 km. Considerando a evolución de ditas variables, non se aprecian tendencias desde o comezo dos lanzamentos (ano 2011).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX