Domingo 21 Abril 2024

Galicia rexistrou en xaneiro un 92% máis de chuvia do habitual

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a precipitación media acumulada foi de 190 litros por metro cadrado

Galicia comezou o ano 2023 cun mes de xaneiro normal en canto ás temperaturas e moi húmido. De feito, as precipitacións rexistradas foron un 92% superiores ao habitual, unha anomalía que ten o seu precedente máis próximo no ano 2016, cando choveu neste mesmo período un 142% máis do agardado.

Segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por MeteoGalicia, a precipitación media acumulada o pasado xaneiro foi de 290 litros por metro cadrado, un rexistro que reflicte con claridade que as chuvias acumuladas no país superaron os valores climáticos normais para esta época do ano.

Publicidade

As temperaturas de xaneiro estiveron 0,1 graos por encima do agardado

En canto á temperatura media do mes, situouse apenas 0,1 graos por riba do esperado tendo en conta os rexistros obtidos nas estacións galegas máis representativas durante o período de referencia 1981-2010, o que fai que xaneiro poida considerarse como normal.

En xeral o mes estivo marcado por unha grande variabilidade, con dúas partes moi diferenciadas. Así, ata o día 20 prevaleceron as baixas presións, con moita inestabilidade, chuvias abundantes e temperaturas moi suaves. Pola contra, os últimos días de xaneiro a situación cambiou completamente e Galicia quedou marcada polo tempo seco e frío, debido á predominancia dos ventos de compoñente norte.

Primeiro humidade e logo frío

En concreto e no relativo ás precipitacións, xaneiro foi un mes moi húmido con carácter xeral aínda que a distribución das chuvias presentou notables contrastes entre a provincia de Lugo, sobre todo nas áreas de montaña —con rexistros superiores ao 300% do normal en localidades da Serra dos Ancares— e o resto —con zonas como a Serra do Barbanza onde choveu ata un 27% menos do esperado—.

En zonas dos Ancares choveu máis do 300% do esperado

Por último e no que respecta ao comportamento dos termómetros, o mes comezou con valores elevados para esta época do ano pero que se viron compensados pola tónica predominante nos últimos 10 días, con temperaturas baixas, especialmente no que respecta ás mínimas. Deste xeito, a temperatura media das máximas situouse en 10,3 graos mentres que a media das mínimas foi de 3,2 graos.

En canto á distribución por áreas xeográficas, os valores máis altos concentráronse en zonas preto do litoral atlántico, onde se rexistraron temperaturas medias case 1,4 graos por riba do normal; mentres que tamén houbo anomalías negativas nalgúns puntos de Galicia, concentradas principalmente nas zonas máis elevadas da Serra do Courel, con medias ata 1,5 graos por debaixo da media climática.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores