Un modelo prognostica unha onda de calor extrema na península: afectará a Galicia?

A AEMET prevé que se acaden os 37 graos en Verín e noutros puntos do interior de Ourense, mentres as Rías Baixas superarán os 30

Galicia arrinca o mes de xullo con tempo estable e caloroso debido á influencia das altas presións situadas sobre os Azores. De cara á segunda metade da semana, non só está previsto que se manteña esta situación, senón que se agarda unha forte subida das temperaturas. Segundo o prognóstico de MeteoGalicia, Ourense chegará aos 35 graos na tarde do venres, en Vigo os termómetros amosarán unha temperatura de ata 31 graos e na zona norte de Galicia roldaranse os 25 graos. Malia estes valores, o organismos galego asegura que Galicia non estará afectada pola onda de calor que si prevé o modelo francés ARPEGE (Action de Recherche Petite Echelle Grande Echelle) para o suroeste da península e que se prolongará, como mínimo, ata o sábado.

A definición de onda de calor non é absoluta, xa que depende do país e das institucións. Para a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), son episodios cunha duración mínima de tres días, nos cales as temperaturas máximas están por enriba das máximas diarias dos meses de xullo e agosto rexistradas dende o ano 1971 ata o 2000 nunha mesma rexión.

Publicidade

Pese a non agardarse un aviso amarelo no sur do territorio galego (para o cal é preciso que se rexistren temperaturas de máis de 36 graos), esta zona enfrontarase a altas temperaturas de cara á fin de semana, chegando a máximas de 35 graos no interior da provincia de Ourense e superando os 30 graos en varios puntos das Rías Baixas. No caso de Verín, a AEMET prognostica unha temperatura de ata 37 graos. Doutra banda, na costa do norte de Galicia agárdanse valores moito máis tépedos, roldando os 25 graos.

A onda de calor de 2022

O norte da península ibérica leva anos afectado por unhas ondas de calor cada vez máis recorrentes e intensas. Estes episodios non só afectan á contorna e ao medio ambiente, xa que son motivo de enfermidade e ata falecemento na poboación humana e noutras especies: o ano pasado, a calor causou ata 63 mortes en Galicia, sendo os maiores de 85 anos e as mulleres as persoas máis afectadas.

Publicidade

No verán do 2022 produciuse unha onda de calor que os modelos preditivos dos distintos organismos de control meteorolóxico non previran, e que afectou durante un período moi prolongado a unha ampla rexión do continente europeo, incluíndo España, Portugal, Francia e Inglaterra. Na localidade ourensá de Leiro, os termómetros chegaron a marcar 44,2 graos, convertendo o verán dese ano no máis cálido de Galicia dende o 1961.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas