O verán de 2022 foi o máis cálido en Galicia dende 1961

Os meses de xuño, xullo e agosto tamén son considerados como "lixeiramente secos" pola Axencia Estatal de Meteoroloxía

“Extremadamente cálido”. Así definen dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) os meses de xullo, xullo e agosto. Durante a presentación do último balance trimestral da entidade tamén se confirmou que o verán de 2022 foi o máis cálido en Galicia dende 1961, ano no que comeza a actual serie histórica. No que respecta ás precipitacións, os tres últimos meses foron considerados “lixeiramente secos”. En canto ás previsións de cara ao outono, “hai unha maior probabilidade de que as temperaturas sexan máis altas do normal”.

Máis en detalle, o mes de xullo foi o máis cálido do verán e tamén da serie histórica, segundo trasladaron dende a AEMET. De feito, os expertos salientaron a temperatura máxima rexistrada en Ourense o 14 de xullo, que acadou os 44,1 graos. Durante eses días estaba a producirse unha onda de calor moi intensa e prolongada, que derivou nunha tormenta e esta, ás súa vez, en miles de raios que derivaron nunha forte vaga de incendios en diferentes puntos de Galicia. De feito, dende a AEMET salientaron os contrastes que houbo en canto ao tempo durante o verán, facendo fincapé en que a temperatura mínima rexistrada estivo en Beariz, que descendeu ata os 1,4 graos o 26 de xuño.

Publicidade

Amais disto, durante a rolda de prensa salientáronse algunhas mínimas rexistradas a mediados de xullo, durante a vaga de calor. Consideráronas altas, posto que chegaron a superar os 20 graos, incluso os 25 graos nalgúns puntos de Galicia. “É o que chamamos noites tropicais“, indicaron dende a AEMET. Esta situación afectou especialmente a vilas costeiras e a municipios como Pontevedra, que chegou a acadar unha mínima de 24,9 graos.

Falta de precipitacións

No que respecta á falta de precipitacións, dende a AEMET confirmaron que o verán en Galicia pode considerarse “lixeiramente seco”, cunha porcentaxe de precipitación acumulada do 86% con respecto ao valor medio do período. Por meses, xullo foi declarado “moi seco”; agosto, “seco”; e xuño foi “húmido”. De feito, os primieros días de setembro xa están a ser considerados máis cálidos do normal. Ademais, os meteorólogos advertiron de que o déficit de precipitacións acumulado é do 35%. “Debería chover un 30% máis do habitual” para saír da seca. Tamén seguraron que para conseguir aliviar a situación, deberían rexistrarche chuvias “normais” nos meses de outubro e novembro.

Publicidade

Previsións do outono

En relación aos meses de outubro, novembro e decembro, a AEMET confirmou as probabilidades de que se rexistren temperaturas máis altas do normal. De igual maneira, prevese un outono seco, con precipitacións por debaixo do esperado. De feito, aseguraban que é probable que se manteña a tendencia do verán e que a situación de seca, e a capacidade para revertela, dependerá das precipitacións que se rexistren no vindeiro trimestre. No horizonte máis próximo xa se albiscan chuvias. Dende a AEMET confirman a chegada dunha fronte “non moi activa” o venres que deixará algunha chuvia na fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes