O sur da provincia de Lugo rexistra máis de 400 raios en apenas 12 horas

Meteogalicia volve activar o aviso amarelo este mércores por treboadas en Ourense, así como no sur e na montaña lucense

A metade sur da provincia de Lugo foi a zona de Galicia que concentrou o maior número de raios durante a tarde do pasado martes. En total, Meteogalicia contabilizou 401 descargas eléctricas dende o mediodía ata a medianoite, malia que o período de máis actividade comprendeu dende as 14 ata as 18 horas. O servizo meteorolóxico volve activar o aviso amarelo para este mércores por treboadas, que serán máis probables na provincia de Ourense, e no sur e na montaña de Lugo. As precipitacións poden caer en forma de sarabia.

Esta situación de inestabilidade débese á retirada do anticiclón das Azores, o que permite a entrada de baixas presións polo noroeste peninsular. Ademais, unha depresión illada en niveis altos (DINA) situada ao oeste de Galicia só contribúe a xerar máis inestabilidade, alimentada polo aire frío nas capas altas da atmosfera. Por iso, este mércores agárdanse ceos nubrados e treboadas. Con todo, as temperaturas experimentarán un moderado ascenso, sobre todo nas Rías Baixas, con valores por enriba dos 25 graos.

Publicidade

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a DINA comezará a desprazarse cara ao sur de Portugal durante este mércores, ata situarse no golfo de Cádiz o xoves. Polo tanto, continuará o ambiente de inestabilidade e agárdanse precipitacións na provincia de Ourense e na ontaña de Lugo que poden volver ser tormentosas. As temperaturas divirarán Galicia en dous: con valores próximos aos 30 graos no sur mentres que no norte roldaranse os 22. No que respecta á fin de semana, todo apunta a que continuará a situación de inestabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual