Estes son os sitios de Galicia onde haberá treboadas este mércores

A DINA prognosticada pola Axencia Estatal de Metereoloxía afectará principalmente o interior da provincia de Lugo con fortes treboadas

Para dar comezo ao verán, unha situación de inestabilidade prolongarase ao longo da semana. O mércores 26 de xuño será o punto de inflexión que provocará máis desequilibrios meteorolóxicos. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a DINA orixinada en Portugal estaría desprazándose cara ao golfo de Cádiz, coa fin de ir ascendendo cara ao norte. Isto deixará fortes treboadas nalgunhas rexións de Galicia a mediados de semana.

Segundo os mapas publicados pola AEMET a través do seu perfil de X, aumenta a probabilidade de tormentas. O mércores serán máis frecuentes no norte, e poderán ser fortes e con granizo. A través da súa medición coa variable densidade de raios nube-terra (raios/100km), o mércores 26 de xuño prognostícase un maior impacto no interior de Lugo, e en menor medida na zona noroeste de Ourense, sinaladas en cor morado.

Publicidade

A pesar de que a DINA vai afectar a meirande parte do territorio galego, algunhas zonas do sur de Pontevedra e Ourense como Vigo, Baiona ou Lobios, estarán aparentemente libres deste fenómeno meteorolóxico. Na zona norte de Galicia, o sur da Coruña verase afectado pero non así o resto da provincia, que igual que na costa lucense non se percibirá o impacto. Con todo, a DINA é un fenómeno moi cambiante, polo que o prognóstico podería ir cambiando nas próximas horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro