Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Alertas vermellas, anticiclóns e ondas de calor: esas son as tres palabras que resumen a época estival de 2026 en Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, informou, durante a presentación do informe climatolóxico elaborado por Meteogalicia, de que a comunidade rexistrou este ano o verán meteorolóxico —corresponde aos meses de xuño, xullo e agosto— máis cálido dende 1961, que é cando comeza a serie histórica. Así, a temperatura media deste verán foi de 21,4 graos, 2,3 graos superior ao período de referencia. Ademais, “tanto as temperaturas mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica“, sinalou Vázquez.

Máis polo miúdo, o mes de xuño foi extremadamente cálido, alcanzando os 20,4 graos, 2,6 graos por riba do habitual, o que o converte no segundo mes de xuño máis cálido desde 1961. Destacaron os episodios cálidos entre os días 11 e 14 e, sobre todo, entre o 20 e o 24, que estiveron asociados á chegada frecuente de masas de aire moi cálido procedentes do sur. En canto a xullo, a temperatura media foi de 22,5 graos, 2,8 graos superior ao frecuente neste período, o que o converte no máis cálido desde que hai rexistros. 

Publicidade

No mes de agosto, a conselleira indicou que tivo un comportamento diferente. Os primeiros días estiveron marcados por situacións anticiclónicas e por un episodio cálido especialmente destacado entre os días 10 e 18, pero na última semana do mes houbo un cambio importante coa entrada dun episodio frío entre os días 23 e 29. Con todo, cunha temperatura media de 21,4 graos, 1,5 graos por riba do habitual, agosto pode considerarse un mes moi cálido.

Un 22% menos de precipitación acumulada

O verán de 2026 pode considerarse, en conxunto, seco, cunha precipitación media acumulada de 94 litros por metro cadrado, o que supón un 22% menos do habitual. Neste aspecto, a conselleira explicou que, como aconteceu coas temperaturas, o comportamento da chuvia foi moi diferente dun mes a outro: en xuño houbo un déficit do 50% con respecto ao habitual neste mes, mentres que en xullo a escaseza foi especialmente acusada. A precipitación media foi de apenas 5 litros por metro cadrado, un 86% menos do habitual, polo que o mes de xullo se cualificou como moi seco.

Publicidade

Pola contra, agosto resultou ser un mes moi húmido ao rexistrar 64 litros por metro cadrado de precipitación media, o que é un 73% por riba do agardado nesta época. Estes datos débense as grandes cantidades de chuvia que deixaron ás dúas borrascas que afectaron a Galicia entre os días 23 e 29. Nese senso, a conselleira subliñou que esta evolución mostra unha característica cada vez más relevante do comportamento meteorolóxico. “Non so debemos fixarnos en canto chove, senón tamén en como se distribúe esa precipitación ao longo do tempo e do territorio”, concluíu.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga