Un mapa interactivo sinala máis de 1.800 puntos negros no arborizado urbano de Galicia

O Ecomapa identifica ocos baleiros, tocóns e árbores secas ou asfixiadas, e permite visualizar as carencias urbanas a través da ciencia cidadá

Cal é o estado do arborizado urbano do teu concello? Agora xa podes responder a esta pregunta a través do Ecomapa, unha ferramenta creada dende a iniciativa de Ecomapeo Estatal, impulsada por Ecoloxistas en Acción, que permite rexistrar as cavidades baleiras de árbores na rúa, os tocóns —a parte do tronco que queda unida á raíz despois de talar unha árbore—, os ocos secos e aqueles con pouco espazo ou cubertos de cemento. Este mapa interactivo sinala que Galicia reúne 1.835 puntos negros no arborizado urbano: 354 alcorques baleiros, 404 alcorques con tocón e 1.077 alcorques asfixiantes. A área de Vigo e Baiona rexistra máis de 860, Pontevedra supera as 140 alertas e A Coruña alcanza as 130.

Esta plataforma tamén se emprega como aplicación de ciencia cidadá en liña, xa que permite aos usuarios marcar e visualizar esta falta de arborizado en cada concello de España segundo a base cartográfíca de OpenStreetMap. Ademais, tamén permite consultar os datos en Excel e ver o histórico da información. O obxectivo final do proxecto é visibilizar o estado do arborizado urbano, denunciar a falta e propor unha mellora para que se restaure a plantación de novas árbores.

Publicidade

Así, en Galicia destacan casos como o do Castro de Vigo, que rexistra 64 tocóns asociados a talas recentes nos seus 1.800 m², ou o da Avenida de Castelao, chea de alcorques asfixiantes —estruturas ríxidas, xeralmente de formigón ou pedra, que non permiten a expansión natural das raíces da árbore—. Na Coruña, as carencias están no centro da cidade, sobre todo polos ocos asfixiados. A importancia da solución está na función das árbores, que aportan sombra e reducen as illas de calor, sobre todo despois de pasar polo verán máis cálido de Galicia nos últimos 65 anos.


Podes consultar o Ecomapa na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A cuántica entra nunha obra de arte: o pintor galego que conecta coa incerteza física no IGFAE

O santiagués Andrés Rodís expón 25 pezas inspiradas na superposición, a observación e a relación entre o visible e o invisible no Museo Gaiás

Galicia rexistra a maior exposición a fume de segunda man en interiores entre mulleres novas

Un estudo revela que afecta o 41,3% das galegas de entre 15 e 34 anos, malia ser unha das comunidades con menor prevalencia de consumo

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

Aliado natural contra a velutina en Galicia: cada parella de abelleiro europeo elimina ata 80 niños por tempada

Unha investigación con participación galega estima que a rapaz como servizo ecosistémico podería ter un valor de 6,4 millóns de euros anuais