Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

Gastronomía, paisaxe, historia. Estes son algúns dos puntos determinantes á hora de elixir destino de viaxe. Galicia reúne estas tres características nun territorio rico en alimentos frescos, cantís e lendas. Con todo, na era de Internet, ás veces resulta complicado reunir toda esta información nun único soporte con recomendacións fiables que permitan guiar a travesía. Con esta fin nacen as catro guías de ‘A Paisaxe que Sabe’, promovidas pola Deputación da Coruña, para descubrir novos lugares dende a perspectiva máis local en colaboración con 20xvinte, unha editora de guías turísticas que busca ofrecer información sobre as localizacións máis imprescindibles cun estilo único.

Estes libros teñen como protagonistas a 20 personaxes anónimos, grandes coñecedores da súa zona, que suxiren recomendacións para facer un percorrido irrepetible por Galicia. Neste caso, cada guía ten como protagonista a unha persoa que traballa cada día para manter vivo o territorio e transmitir a súa identidade: produtores locais, restauradores, axentes de viaxes e prescritores. Pero todas reúnen a mesma idea, que é descubrir un territorio dende ás persoas que o crean. Así, o obxectivo consiste en dar a coñecer a provincia da Coruña e a súa gastronomía e fortalecer a conexión coa sociedade.

Publicidade

Entre os “20 lugares que non te podes perder recomendados por 20 axentes de viaxes” están o Monte Pindo, a Vía Verde do Tambre, a Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) e Cabo Vilán (Camariñas). Ademais, 20xvinte e a Deputación decidiron engadir directorios para poder localizar cada unha das axencias e prescritores que participan.

Un mapa cos lugares imprescindibles

Vinte axentes de viaxes diferentes deciden recompilar unha lista cos lugares imprescindibles que un visitante non se pode perder na provincia da Coruña. Por exemplo, Roberto Horta e Verónica Armesto, de Infinita Viajes, recomendan o Morte Pindo e a Costa da Morte, coñecido como o “Olimpo Celta”, cunhas impresionantes vistas ao Atlántico. Por outra banda, Carlos Díaz Herrera, de Naviaventours, decide recomendar Sobrado dos Monxes, con paso obrigatorio polo campamento romano da Ciadella e o Mosteiro de Santa María.

Publicidade

Así, cada recomendación vai acompañada dunha pequena descrición en tres idiomas (galego, castelán e inglés), ademais dunha imaxe que ilustra a localización, e un retrato de cada unha das persoas que o recomenda. Todo isto acompañado finalmente por un mapa da provincia da Coruña cos vinte lugares sinalados e os seus respectivos números.

Onde atopar os mellores alimentos

Ao longo das páxinas pódense atopar ilustracións que fan referencia ás mellores localizacións onde consumir cada alimento. Por exemplo, no caso da pataca, fálase sobre a Área recreativa de Verdes (Coristanco), a Fervenza de Castriz (Santa Comba) ou os Hórreos de Carnota e Lira (Carnota). No caso dos mexillóns, recomendan Rianxo, Sada, Muros e a Praia das Furnas de Porto do Son.

Mapa situado no interior das guías turísticas da Deputación da Coruña en colaboración con 20xvinte. Foto: Deputación da Coruña
Mapa situado no interior das guías turísticas da Deputación da Coruña en colaboración con 20xvinte. Foto: Deputación da Coruña

Ademais, na última páxina, engaden os 10 restaurantes Estrela Michelin 2025: O Balado (Boqueixón), As Garzas (Malpica de Bergantiños), Terra (Fisterra); A Tafona, Simpar e Casa Marcelo (Santiago de Compostela), Retiro da Costiña (Santa Comba), Árbore da Veira (A Coruña), O’Pazo (Padrón) e O Secadeiro (Serra de Outes).

Así, con esta guía, viaxar pola provincia da Coruña convértese nunha experiencia da que se pode desfrutar plenamente.


Podes consultar a Guía A Paisaxe que sabe 2026-2027 da man de 20 axentes de viaxes na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aliado natural contra a velutina en Galicia: cada parella de abelleiro europeo elimina ata 80 niños por tempada

Unha investigación con participación galega estima que a rapaz como servizo ecosistémico podería ter un valor de 6,4 millóns de euros anuais

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais