A primavera de 2024 en Galicia foi a terceira máis humida da serie histórica

A precipitación media das 16 estacións máis representativas foi un 67% superior ao habitual

A primavera climatolóxica de 2024 (marzo, abril e maio) en Galicia foi a terceira máis húmida da serie histórica, que se remonta a 196, ao rexistrarse unha precipitación media de 511 litros por metro cadrado. Ademais, no que atinxe ás temperaturas, foi un período cálido cun valor medio de 12,9 graos.

Deste xeito, segundo o avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas foi un 67% superior ao que vén sendo habitual neste período, debido especialmente ás abondosas choivas de marzo e maio, que fan que estes dous meses se consideren moi húmidos. 

Publicidade

Así, en marzo as choivas foron frecuentes, persistentes e cuantiosas tanto nos primeiros 10 días como na derradeira semana, alcanzando unha media un 148% superior ao habitual. En maio a anomalía media foi un 78% superior ao habitual, o que o converte no quinto máis húmido desde que hai rexistros. En canto a abril, considérase normal, cunha anomalía media un 8% inferior ao valor climatolóxico habitual.

Por outra banda, no que atinxe ás temperaturas, a primavera foi cálida ao rexistrar unha temperatura media de 12,9 graos e unha anomalía media de 5 décimas máis que a media, segundo os datos rexistrados en 11 das estacións meteorolóxicas máis representativas. 

Publicidade

Neste eido, o mes de abril foi moi cálido ao rexistrar 13,8 graos de media —1,9 graos máis do habitual—. Pola contra, marzo e maio foron lixeiramente fríos, con medias de 10,6 e 14,2 graos, respectivamente. Nestes dous meses a anomalía media foi dúas décimas inferior ao normal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o terceiro gromo de sarna norueguesa en 15 días, unha variante máis rara e contaxiosa

O Servizo de Axuda no Fogar do concello pontevedrés de Vila de Cruces concentra varios positivos da enfermidade cutánea

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período

Onde ver a eclipse total de agosto no teu concello? Compróbao neste simulador dixital

A ferramenta do portal Snowy achega horarios exactos, nivel de escuridade e duración do fenómeno segundo a localización

Dous torques e un brazalete de ouro da cultura castrexa saen a poxa en Madrid por 195.000 euros

Unha casa de antigüidades presentará en maio un conxunto de xoias antigas procedentes dunha colección privada galega