Galicia vivirá 24 horas de fortes treboadas: estes serán os lugares afectados

A AEMET prognostica que as tormentas comecen a partir das 14 horas e sexan máis intensas na metade sur do país

Sensación de bochorno, temperaturas próximas aos 35 graos, tronadas e trebóns. Ese é o escenario que vivirá o sur de Galicia durante a xornada deste venres, marcada por unha profunda inestabilidade. O aire cálido en superficie contrasta co frío que se mantén nas capas altas da atmosfera, provocando un escenario de cambios repetinos e fortes treboadas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de publicar un mapa onde sinala as zonas que máis afectadas polas tormentas, que coinciden plenamente coa metade sur da comunidade. Aínda que está previsto que as treboadas descarguen con máis forza a partir das 14 horas, non se descartan trombas de auga illadas ao longo da mañá, especialmente no Morrazo e no oeste da provincia de Ourense.

Un dos aspectos máis destacados da xornada deste venres serán as altas temperaturas que rexistrarán as cidades do sur. Ourense e Pontevedra acadarán os 34 graos de máxima e Vigo queda moi preto, con 33. As mínimas tamén serán altas nestas tres áreas, situándose entre os 18 e os 19 graos. Os valores máximos serían significativamente inferiores en Ferrol, A Coruña e Lugo, con ata 10 graos de diferenza coas cidades do sur, marcando 24 graos de máxima. As mínimas tamén serían relativamente altas, máis semellantes ás primeiras, oscilando entre os 15 e os 17 graos. Finalmente, a cidade de Santiago estaría nunha situación intermedia entre “as dúas Galicias”: marcaría 28 de máxima e 15 graos de mínima.

Publicidade

Fin de semana

Todo apunta a que a inestabilidade irá diminuíndo conforme avance a fin de semana, malia que continuarán sendo días marcados pola chuvia. O aspecto máis característico será o brusco descenso de temperatura durante o sábado, que deixará valores máximos por debaixo dos 20 graos en Santiago, A Coruña, Lugo e Ferrol. En Vigo rexistraranse 22, e en Ourense e Pontevedra chegaranse aos 24 graos, pero mantendo unha diferenza de 10 puntos nun prazo de tan só 24 horas. No que respecta ás mínimas, non haberá gran oscilación térmica, polo que os valores diúrnos diferirán dos nocturnos nunha media de cinco graos. Amais do descenso térmico, o sábado será unha xornada marcada polas precipitacións en todo o territorio, que serán máis illadas conforme avance a tarde.

Finalmente, Galicia recuperará a influencia das altas presións coa chegada do domingo, cando tan só se agardarán precipitacións puntuais nas montañas de Ourense e durante a xornada de tarde. Con todo, os ceos estarán moi nubrados en todo o país, agás no litoral atlántico, onde haberá menos nubes. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso en Vigo, Ourense e Pontevedra, con 27 e 26 graos de máxima, respectivamente. Mentres que o resto de cidades galegas se manterán roldando os 20 graos. No que respecta á vindeira semana, agárdase unha primeira metade anticiclónica con temperaturas propias da época do ano, malia que se espera unha maior inestabilidade a partir do xoves.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo