O Global River Runner é unha visualización que simula o camiño que tomaría unha pinga de choiva, supondo que escorregue cara a un arroio e desde alí a unha localización final, probablemente un corpo de auga interior ou o océano. Grazas a este novo desenvolvementeo, os usuarios poden atopar unha lista actualizada de rutas de fluxo dependendo do lugar de onde caia a pinga.
Global River Runner é un Work In Progress de código aberto, baseado en datos abertos e compoñentes de software de código aberto, algúns dos cales se atopan en etapas temperás ou de desenvolvemento alfa. A gran maioría das traxectorias dos ríos calculadas baséanse en datos topográficos recompilados e procesados automaticamente e é posible que non reflictan as verdadeiras traxectorias dos ríos que poden verse afectadas por características de enxeñaría como encoros, canles e condutos.
Quen está detrás do desenvolvemento
A visualización frontal foi desenvolvida por Sam Learner, Dave Blodgett, Kyle Onda e Ben Webb, que desenvolveron o back-end como demostrador de varios aspectos chave do proxecto Internet of Water, incluído o aproveitamento de datos abertos, software de código aberto e estándares abertos para crear aplicacións e produtos innovadores de información sobre a auga.
Para probalo no teu dispositivo so tés que premer nesta ligazón.














