Unha borrasca de grande impacto provoca choivas e ventos fortes en toda Galicia

Os servizos meteorolóxicos galegos e do Estado español alertan dos efectos adversos da borrasca Claudio durante este luns

A borrasca que atravesa estes días Galicia xa ten nome e é Claudio. Os servizos meteorolóxicos galegos veñen alertando de que a fin de outubro ía estar pasada por auga e, no último día do mes, parece térense confirmado as predicións. Como se pode ver na imaxe satélite que acompaña esta información, a borrasca Claudio achegouse polo Atlántico durante a fin de semana, asociada a unha baixa situada ó oeste de Irlanda. Os seus efectos comezaron a notarse en todo o país ben pasada a madrugada, con chuvias que comezaron polo oeste e están a estenderse polo resto do territorio durante a mañá deste luns.

Predición da borrasca Claudio elaborada pola AEMET

O derradeiro día de outubro será polo tanto un día húmido en toda Galicia. Aínda que as choivas serán intermitentes, en xeral, a situación irá amainando a medida que chegue a tarde. Por outra banda, as temperaturas manteranse sen cambios significativos respecto aos últimos días, máis frías no interior, onde as mínimas chegarán aos 8ºC. As máximas, na costa do sur, poderán rozar os 21ºC. Nese sentido, toda a costa galega e máis a fronteira este está en alerta amarela polos ventos fortes do sur.

Publicidade

En definitiva, este luns en todo país espéranse ceos nubrados ou cubertos durante a primeira metade e con intervalos nubrados de tipo baixo pola tarde, con probables brumas dispersas no litoral atlántico e interior da metade sur sen excluír que poidan acompañarse dalgún banco de néboa en zonas elevadas. Choivas débiles e chuvascos que se estenderán de oeste a leste desde as primeiras horas e remitirán pola tarde. Non se descarta que os chuvascos poidan ser localmente fortes no litoral occidental e interior sur. As temperaturas seguirán sen cambios ou en descenso lixeiro, localmente máis acusado o caso das mínimas, que se alcanzarán ao final do día. Ao principio vento do sur, máis intenso na costa atlántica, que ao mediodía rola a vento do oeste, quedando forte na costa cantábrica durante as primeiras horas da tarde e amainando en todo o territorio ao final. Haberá máis que probables refachos moi fortes de vento do sur e do oeste nos litorais do norte e en cotas altas do interior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia