Así de arrepiante soa o campo magnético da Terra

Un equipo danés recolle sinais medidas por varios satélites da Axencia Espacial Europea e convérteas en son

O campo magnético da Terra protéxenos da radiación cósmica e dos ventos solares e, polo tanto, é fundamental para a vida no planeta. Malia o importante que é a súa función, non se pode ver nin escoitar. Ata agora. Un equipo da Universidade Técnica de Dinamarca foi capaz de tomar sinais magnéticos medidos pola misión Swarm da Axencia Espacial Europea (ESA) e convertelos en son. Para iso, fixeron público un audio que representa o campo magnético xerado polo núcleo da Terra e a súa interacción cunha tormenta solar. Podes escoitar aquí o son arrepiante:

Segundo explican dende a ESA, a misión Swarm está composta por tres satélites e foi lazanda ao espazo en 2013. O seu principal obxectivo é comprender como se xera o campo magnético terrestre. Para iso, mídense con precisión os sinais magnéticos que proveñen do núcleo, do manto, da cortiza e dos océanos, así como da ionosfera e a magnetosfera. “O proxecto é, sen dúbida, un exercicio gratificante que une a arte e a ciencia”, di o músico Klaus Nielsen, participante na iniciativa.

Publicidade

Ao abeiro do proxecto, instalaron 30 altavoces no chan da Praza Solbjerg de Copenhague. “Configurámolo para que cada altavoz represente unha localización diferente da Terra e demostre como o campo magnético flutuou nos últimos 100.000 anos”, apuntan dende a ESA. De feito, ao longo desta semana, os visitantes da praza puideron escoitar o aterrador son varias veces ao día. “É unha forma peculiar de recordar que o campo magnético existe e, aínda que o son é un pouco desconcertante, a existencia de vida na Terra depende del”, conclúen.

1 comentario

  1. Se estas iniciativas aproximan o grande público á ciencia, perfecto.
    Pero cientificamente o proceso de ‘convertelos en son’, non segue un criterio, é pura ficción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Por que a Terra “incha” e “desincha” cada 20 minutos? Estas son as consecuencias do gran terremoto de Rusia

Tras o terremoto de magnitude 8,8 o 30 de xullo de 2025, a superficie terrestre experimenta oscilacións periódicas pola liberación de enerxía e movementos das ondas sísmicas