Galicia rexistra máis de mil raios na noite máis dura do que vai de outono

Esta madrugada contabilizáronse 1.159 lóstregos, precipitacións fortes, saraiba e ventos superiores aos 100 quilómetros por hora. O 112 rexistrou máis de 60 incidencias

Case trinta días despois do que marca o calendario, Galicia entrou esta madrugada no outono con forza. O infraestrutura tecnolóxica da Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica do país rexistrou esta madrugada arredor de cinco mil raios nas inmediacións do territorio e 1.159 deles caeron en terra. Non só iso, segundo MeteoGalicia, dende a medianoite ata as seis da madrugada rexistráronse precipitacións fortes, saraiba e ventos superiores aos 100 quilómetros por hora. Unha climatoloxía adversa que fixo soar de maneira ininterrumpida os teléfonos da Axencia Galega De Emerxencias.

En total, o 112 Galicia rexistrou 63 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, das que 35 tiveron que ver coa caída de árbores e pólas nas vías de circulación, ademais doutros obstáculos. Por sorte, ningunha delas grave. Entre as 0.00 e as 8.00 horas desta mañá, foi o intervalo de tempo no que o 112 Galicia rexistrou un maior número de incidencias pola climatoloxía. Por provincias, a Axencia Galega De Emerxencias contabilizou 27 na Coruña, das cales 14 teñen que ver coa caída de obstáculos nas estradas. No mesmo contexto, a provincia de Pontevedra rexistrou 14 destas tipoloxías dos 26 incidentes en total, 4 en Ourense dos 6 incidentes xestionados e, por último, a provincia de Lugo, rexistrou un total de 4 incidencias das cales 3 tiveron que ver coa mesma problemática non preocupante.

Publicidade

Chuvias fortes e necesarias

Os pluviómetros de Meteogalicia sitúan a Santa Comba (A Coruña) como o punto máis húmido das últimas horas ao recoller 66,8 litros por metro cadrado, 13 máis que o seguinte punto, Entrimo (Ourense) con 53,9 litros por metro cadrado e case o dobre que en Zas (A Coruña), o terceiro do podio con 39,8 litros por metro cadrado. A chuvia, forte por momentos, continuará a ser protagonista nos vindeiros días e, polo menos, ata o venres. Pero destacará tamén a presencia do vento. Nos mapas de probabilidade do servizo meteorolóxico galego pódese observar como nalgún momento do día, tanto hoxe como mañá xoves calquera punto de Galicia poderá rexistrar refachos superiores aos 70 km/h.

Unha borrasca posiblemente histórica

A causante destas inclemencias foi unha borrasca que xa na tarde-noite deste martes fixo descargar precipitacións con forza en todo o territorio. Segundo os primeiros rexistros dos servizos meteorolóxicos europeos e de América Latina, podería estar a producirse un evento meteorolóxico sen precedentes preto de Antartixa e que estaría afectando tamén a Galicia. Aínda que os datos aínda non foron confirmado pola Organización Meteorolóxica Mundial, un ciclón extratropical moi poderoso probablemente estea batendo a marca de 914 mb para unha baixa non tropical establecida en 1993 pola borrasca Braer.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual