A borrasca Gérard pon Galicia en alerta por chuvias, vento e neve en zonas de montaña

A situación máis adversa virá da man de Fien, que entrará este martes polo noroeste peninsular e provocará un forte descenso das temperaturas

Fortes ventos, intensas precipitacións e nevaradas en zonas de montaña. Ese é o escenario que deixará este luns en Galicia a borrasca Gérard, que activará a alerta laranxa por refachos superiores aos 100 km/h na Mariña e por ondas de 5 a 7 metros en todo o litoral galego. “Será un día de ceos moi nubrados en xeral con chuvias xeneralizadas e localmente fortes”, informan dende Meteogalicia. De feito, as precipitacións persistentes porán en risco a provincia de Pontevedra, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e o vento afectará con forza á Coruña e Lugo, con intervalos moi fortes.

Porén, a borrasca Gérard non será o prato forte da semana. A situación máis adversa virá da man da borrasca Fien, situada ao sur das Illas Británicas e que se formará nas primeiras horas do martes. Así é que este 17 de xaneiro entrará unha masa de orixe marítimo-polar moi fría polo noroeste peninsular, onde incluso se poderán ver folerpas no mar. De feito, a cota de neve descenderá progresivamente ao longo do día e poderase situar nos 300 metros. Esta situación adversa non será exclusiva do martes, senón que se prolongará durante boa parte da semana e incluso se espera a entrada dunha masa de orixe ártica ao longo do mércores e do xoves.

Publicidade

A borrasca Fien activará a alerta vermella por ondas de máis de 8 metros no litoral da Coruña

Máis en detalle, Meteogalicia explica que este martes 17 de xaneiro entrará unha masa de aire frío procedente das latitudes máis setentrionais de Europa. Polo tanto, espéranse ceos parcialmente nubrados con precipitacións que poden ser locamente fortes. Amais, poden vir acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. No que respecta á neve, a cota descenderá progresivamente ata os 300 metros, cunhas temperaturas mínimas en descenso e coas máximas sen cambios significativos. En relación ao vento, soprará do noroeste con alerta amarela na provincia de Lugo e zonas de Ourense por refachos de máis de 70 km/h. Finalmente, haberá temporal no mar, con alerta vermella por ondas de máis de 8 metros no noroeste da Coruña e na Costa da Morte.

No que respecta ao resto da semana, o mércores Galicia seguirá baixo a influencia dunha masa de aire moi fría, con ceos nubrados e chuvias fortes que poden vir acompañadas de sarabia. As temperaturas seguirán diminuíndo de forma máis acusada durante o día. Un escenario que se repetirá o xoves e o venres, con días moi fríos e húmidos, onde a probabilidade de chuvia acadará o 90% na meirande parte de Galicia. Este episodio invernal podería comezar a remitir a partir do sábado, posto que as temperaturas tamén comezarán a ascender a final de semana.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima