O litoral galego entra en alerta laranxa pola perigosidade do vento

Esta madrugada, Lugo e Muras rexistraron refachos de ata 115 km/h e Baiona ondas de case 4 metros de altura

Armad, a primeira grande borrasca deste outono con influencia en Galicia, non dá tregua. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa máxima polo forte vento que está a correr polo litoral galego. Nomeadamente, nas costas de Pontevedra e A Coruña. Aínda que a súa forza chegou tamén ás localidades do interior: a pasada madrugada, Lugo e Muras rexistraron refachos de ata 115 kilómetros por hora e Baiona ondas no mar de case catro metros de altura.

Este fenómeno meteorolóxico de perigosidade media vai provocar que o sur e o suroeste sufran ventos de forza oito e que, probablemente, tamén sexa así no mar. Nese sentido, as ondas poderán alcanzar os seis metros de altura no oeste, suroeste e noroeste do litoral coruñés e pontevedrés. Esta mañá, os técnicos da Xunta recomendaban aumentar a precaución nos espazos exteriores e máis non achegarse innecesariamente ás liñas de costa como diques ou paseos marítimos, xa que son espazos “onde o risco se multiplica”. Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Publicidade

Que se espera esta fin de semana?

Con respecto ás temperaturas, o aire frío que arrastra esta borrasca e as frontes asociadas irán, de seguro, baixando aínda que amodo. Polo tanto, a situación na que se manterá o territorio é, por fin, máis parecida ao que adoita ser o outono galego. Espérase que as precipitacións non causen moitos problemas, senón todo o contrario: podería acontecer que a situación desfavorable dos encoros galegos comezara a mudar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana