Galicia rexistrou case 4.000 raios no segundo día máis treboento do outono

O aviso amarelo por choivas e ventos fortes continúa en varias zonas do país este xoves e o venres

Preto de 4.000 raios foron rexistrados polos sistemas de detección de MeteoGalicia dende as 14.00 horas deste mércores ata a madrugada do xoves. Moitos deles caídos no litoral galego e preto de 500 en terra firme. Confírmase así o segundo día de fortes treboadas deste outono que, malia chegar tarde, parece que chegou para quedar. Este forte temporal, producido por unha borrasca, tivo especial incidencia no norte da provincia de Pontevedra e en toda A Coruña. A franxa do Atlántico foi, en definitiva, a máis afectada pola treboada eléctrica que viu acompañada de precipitacións significativas cun máximo de 68,8 litros por metro cadrado caídos na localidade de Lira do municipio coruñés de Carnota, na Coruña. O vento non quedou atrás. Entre os concellos de Vimianzo e Cedeira, o vento alcanzou os 100 kilómetros por hora.

Este xoves, a situación será similar a vivida o mércores agás polos lóstregos. Unha fronte que está a atravesar Galicia vén deixando choivas en todo o país, sobre todo, na metade leste. Outra fronte situada no Atlántico ao leste de Galicia estáse a preparar para entrar ao final da tarde baixo a influencia das baixas presións e, novamente, ocasionará chuvias e ventos fortes.

Publicidade

Para este xoves e venres, os servizos meteorolóxicos galegos manteñen o aviso amarelo por choivas e ventos fortes en varias zonas de Galicia. O suroese e o leste da provincia da Coruña podería rexistrar choivas localmente moi fortes acumulando máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Na mesma provincia, agárdanse refachos de vento de de máis de 80 quilómetros por hora. Igualmente, tamén nas montañas lucense e ourensá, así como na Mariña. As Rías Baixas e a Costa da Morte rexistrarán ventos fortes no mar. Tamén este venres espéranse choivas fortes na provincia da Coruña e no litoral de Pontevedra e haberá alerta por ventos fortes no mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia