Un composto do veleno do polbo pode inhibir o crecemento dun tipo de melanoma

Un equipo da USC constata os resultados en modelos de peixe cebra ao abeiro dun proxecto internacional

Un estudo preclínico no que participaron investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) mostra evidencias de que un péptido identificado no veleno dun polbo australiano pode actuar como inhibidor ou, cando menos, retardar significativamente o crecemento de melanoma mutado por BRAF, segundo recolle o British Journal of Pharmacology, que se fai eco da investigación liderada por María Ikonomopoulou, do Instituto Madrileño de Alimentación (IMDEA-Madrid).

A contribución dos investigadores do grupo Acuigen no marco deste proxecto internacional centrouse no desenvolvemento de ensaios in vivo en individuos de peixe cebra, aos que inxectaron células mutadas por BRAF ás que xa se incorporara este composto do veleno de polbo, segundo explicou a catedrática da área de Xenética da USC, Laura Sánchez Piñón. A investigadora precisou que os resultados acadados nestes ensaios concordan cos obtidos nos estudos clínicos realizados pola doutora Ikonomopoulou e apuntan cara a un gran potencial terapéutico.

Publicidade

Esta nova colaboración do Acuigen con esta investigadora do IMDEA deparou resultados moi prometedores, que poderían servir de base para o futuro desenvolvemento de tratamentos eficaces contra o melanoma mutado por BRAF, un tipo de cancro que representa practicamente a metade dos casos de melanoma e cuxo prognóstico acostuma ser malo. “Estamos a falar de resultados dun estudo preclínico”, lembra Sánchez Piñón, ao tempo que engade que este composto do veleno do polbo apenas xera toxicidade, polo que podería resultar un activo importante na loita contra o cancro.

Os antecedentes

O traballo realizado polos investigadores da sede universitaria luguesa enmárcarse nun estudo preclínico liderado pola doutora Maria Ikonomopoulou, quen, logo de comezar esta liña de investigación cando estaba no QIMR Berghofer, implicou tamén neste proxecto a colaboradores das universidades de Queensland e James Cook, así como ao Instituto de Estudos Avanzados en Alimentación de Madrid, centro ao que está vinculada na actualidade.

Publicidade

A doutora Ikonomopoulou probou as propiedades terapéuticas contra o melanoma mutado por BRAF dunha variedade de compostos velenos previamente indentificados pola Universidade de Queensland e reproducidos sinteticamente. Logo de moitas pescudas e estudos con compostos velenosos derivados de animais mariños, o péptido dun polbo de area habitual do sur de Australia foi que destacou pola súa capacidade de dirixirse de forma segura e eficaz ás células de melanoma mutadas por BRAF en modelos preclínicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O polbo galego estase a mudar ao Reino Unido?

Os pescadores do suroeste de Inglaterra viviron en 2025 o maior 'boom' de 'Octopus vulgaris' nos últimos 75 anos

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago

“Ver” coa pel: o enigma visual de polbos, chocos e luras

Os ollos dos cefalópodos conteñen un único tipo de proteína fotosensible, o que equivale a ver en branco e negro. Por Antonio Figueras

O éxodo dos polbos: por que desaparecen en Galicia e se multiplican nas costas británicas?

A explosión de cefalópodos nas augas do Reino Unido desconcerta os expertos, que o atribúen ao aumento da temperatura do mar e á diminución dos seus depredadores naturais