Activada a alerta laranxa en todo o litoral galego por ondas de ata seis metros

Tamén se acende o aviso amarelo en varios puntos do país por refachos que poden superar os 80 km/h

A tan só unha semana de que chegue a primavera, unha borrasca atlántica trae intensas precipitacións e fortes ondadas a toda Galicia. De feito, xa está activada a alerta laranxa en todo o litoral galego para este luns, dado que se esperan ondas de entre cinco e seis metros. O vento tamén acende o aviso amarelo na Mariña, no noroeste da Coruña, no interior de Pontevedra e nas montañas de Lugo e Ourense, por refachos que poden superar os 80 km/h.

A semana comeza con “moita inestabilidade”, segundo informa Meteogalicia, a causa dun forte temporal costeiro. Durante o martes irase gañando influcencia anticiclónica, pero seguirá activada a alerta laranxa por ondadas en todo o litoral. O mércores xa se espera unha xornada máis estable e de tempo seco. Malia a tregua destes primeiros días da semana, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) agarda unha semana “máis húmida” do normal en Galicia. De feito, o xoves volverán as chuvias debido a unha fronte que deixará precipitacións de carácter persistente, sobre todo, na fachada atlántica.

Publicidade

No que respecta á fin de semana, para o venres 17 e o sábado 18 prevese un 90% de chuvia. O domingo 19 baixa a probabilidade ata o 65%; un patrón que semella manterse para o luns e o martes da vindeira semana, os días que darán inicio á primavera. En relación ás temperaturas, non haberá grandes cambios e serán suaves, situándose as máximas en torno aos 14 graos e as mínims nos 10. En canto ás precipitacións, Meteogalicia confirma que “as chuvias se irán sucedendo de xeito intermitente”, e poderán afectar a calqura punto do país.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas

Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable

A Aemet e MeteoGalicia emitirán unha predición meteorolóxica para a eclipse total de sol do 12 de agosto

Os organismos ofrecerán actualizacións diarias sobre a nubosidade e as posibles condicións adversas, claves para seguir o fenómeno astronómico do ano