Un equipo galego deseña un método para extraer mostras de pinturas históricas

Trátase dunha estratexia que permite chegar a un nivel de detección que non é posible alcanzar con outros procedementos

Na contorna museística, preservar adecuadamente os obxectos artísticos é unha prioridade á hora de estudar a composición dos materiais. Os métodos empregados deben ser extremadamente selectivos e sensibles para reducir o impacto que a recollida de mostras poida ter sobre as propias obras. Investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) desenvolveron un método que permite discriminar os distintos compoñentes en complexas mesturas de cores de maneira pouco invasiva, evitando ter que retirar demasiado material do propio obxecto artístico.

Neste caso, os científicos conseguiron extraer mostras dunha xilografía xaponesa da era Meiji nun único paso, empregando para iso substratos ultrasensibles. Ukiyo-e ou as «pinturas do mundo flotante», son un tipo de gravados xaponeses que se volveron moi populares como forma de arte e tamén como ferramenta de propaganda política. Os estampados policromos prosperaron durante a era Meiji, onde tiveron lugar diversas experimentacións, sobre todo no que respecta á mestura dos pigmentos minerais xa coñecidos con novos pigmentos sintéticos.

Publicidade

Nesta ocasión, os investigadores aplicaron o novo método sobre a superficie dunha obra do artista xaponés Kokunimasa Utagawa para analizar a súa composición. Os seus achados dan conta da transición nas técnicas empregadas para mesturar cores durante este período: o uso de pigmentos lacados que se atoparon principalmente nas áreas de cor vermella presentes na obra de Utagawa. A mestura do azul de prusia con sulfuros de arsénicos ou óxido de ferro para formar novas cores. E tamén a análise doutras cores revelou o uso de certos pigmentos orgánicos e inorgánicos tradicionais, como o bermellón e o negro de carbón, combinados con colorantes sintéticos introducidos nesta época.

“Esta nova estratexia para a toma de mostras permitiunos chegar a niveis de detección que non é posible alcanzar con outros métodos instrumentais espectroscópicos e cromatográficos” explica o Prof. Massimo Lazzari, investigador principal do CiQUS e coautor do estudo xunto á Dr. Daniela Reggio e ao conservador Antonio Mirabile. O método permite “retirar por contacto pequenas moléculas lixeiramente unidas á superficie de obxectos patrimoniais, que se transfiren a substratos SERS a través de mostras de silicona utilizando determinados disolventes”. Segundo os autores, este novo protocolo ten múltiples aplicacións para o seu uso en materiais de patrimonio cultural e pode ser validado para patrimonio arquitectónico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas