coronavirus

As vacinas de ARNm tamén reducen os contaxios nun 90%, di un estudo nos EUA

As fórmulas de Pfizer e Moderna axudan a evitar a transmisión, segundo unha análise dos Centros de Control e Prevención de Enfermidades

Así será o mapa de restricións en Galicia para a Semana Santa

O comité clínico pon o foco en xx concellos cunha maior incidencia e insiste en manter as medidas de prevención nestes días festivos

Achégase outra onda da Covid-19?

O autor expón os riscos diante dos vindeiros días e semanas e as claves que poderían agravar o escenario a pesar do avance da vacinación

Case 30 concellos seguirán con restricións a partir do luns por mor da Covid-19

O subcomité clínico mantén a Beade en nivel máximo, 10 municipios no limiar de limitacións altas e outros 18, no nivel medio

“A vacina do CSIC e Biofabri pode estar entre as 10 primeiras do mundo”

O conselleiro delegado de Biofabri, Esteban Rodríguez, destaca a aposta estratéxica en España para obter vacinas propias contra o SARS-CoV-2

O comité clínico propón maiores restricións pola Covid-19 para preto de 30 concellos

Beade e Maside pasan ao nivel máximo de restricións a partir do venres, outros sete concellos quedan no nivel alto e 19 máis, no nivel medio

Unha chaira e moita incerteza: así está a pandemia nos concellos galegos

O aumento da incidencia en varios países europeos preocupa tamén en Galicia e España ás portas da festividade da Semana Santa

Por que sabemos que as vacinas son moi seguras (e non é un slogan)

Os autores deste artigo explican por que é tan elevada a seguridade das vacinas e por que a vacinación é tan recomendable

España sobe a 65 anos o límite da vacina de AstraZeneca e valora amplialo

A ministra de Sanidad avanzou que se podería recomendar para todas as idades unha vez revisados os novos datos dos ensaios clínicos

Luis Enjuanes: “Imos por unha vacina intranasal e dunha soa dose, moi potente”

O científico do CSIC lidera un prometedor proxecto vacinal, que podería achegar inmunidade esterilizante fronte ao SARS-CoV-2

Xa me vacinaron contra a Covid-19, e agora que? Sete cousas que hai que saber

A autora analiza o efecto que se consigue coa inmunización, mais tamén as precaucións que cómpre seguir tendo presentes

A UVigo, no estudo que relaciona niveis de pole e contaxios de covid

Investigadores da Universidade de Vigo usan datos de pole no aire en Vigo, A Coruña e Santiago para colaborar neste traballo internacional

Sanidad propón reanudar a vacinación con AstraZeneca a vindeira semana

O Ministerio informa ás comunidades autónomas despois do ditame da axencia europea, que mantén que "os beneficios seguen superando os riscos"

Na casa non, nos bares e parques si: o porqué das novas restricións de reunión

A transmisión da terceira onda, vinculada en boa parte a reunións en espazos privados, levou a Goberno e Xunta a restrinxir estes encontros sociais

Así será a nova desescalada: volta aos catro niveis previos á terceira onda

As medidas, que entrarán en vigor este venres, rexerán ata Semana Santa, mais mantense o confinamento nocturno e o peche da comunidade

A hostalaría abrirá en Galicia ata as 21 horas a partir do venres

O presidente Alberto Núñez Feijoo comparece para dar conta das medidas propostas polo comité clínico