A hostalaría abrirá en Galicia ata as 21 horas a partir do venres

O presidente Alberto Núñez Feijoo comparece para dar conta das medidas propostas polo comité clínico

A hostalería poderá abrir ata as 21 horas en toda Galicia a partir das 00.00 horas deste venres 19 de marzo, segundo anunciou hoxe o presidente da Xunta de Galicia. Alberto Núñez Feijoo sinalou que haberá catro categorías de risco, coas súas limitacións correspondentes.

O presidente anunciou que vai “aperturar con maior intensidade” lugares ao aire libre na hostalería. Haberá catro niveis de incidencia. Os concellos con maior risco, con incidencia acumulada a 14 días con máis de 500 casos, terán a hostalería pechada e ficarán con peche perimetral. De acordo ao aprobado no Consello Interterritorial da pasada semana, non estarán permitidas as reunións en domicilios de persoas non conviventes.

Publicidade

Así será a nova desescalada: volta aos catro niveis previos á terceira onda

Hai 6 concellos no nivel seguinte, de 250 a 500 casos a 14 días. Son Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría só atenderá nas terrazas, que estarán abertas ao 50% ata as 21 horas,

No seguinte nivel hai catorce municipios, que suman o 12,4 por cento do poboación de Galicia. Son Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles. O horario de peche amplíase ata as 21 horas. E manteñen unha ocupación do 50% en terrazas, e de 30% no interior.

Publicidade

E finalmente, haberá outros 290 concellos, con máis do 85% da poboación, con incidencia inferior a 150 casos/100000 habitantes a catorce días, amplíase o aforo interior ao 50%, o aforo das terrazas ao 75% e os horarios de apertura ata as 21.00 horas.


A maiores, Galicia continúa pechada perimetralmente, o toque de queda mantense nas 22 horas e as reunións quedan limitadas a 6 persoas no exterior e 4 no interior. E non se poderán reunir persoas non conviventes en domilicios. Tamén quedan actualizados os aforos doutras actividades: instalacións deportivas, centros culturais, etcétera… que terán a mesma metodoloxía da hostalería: se a IA é menor de 150, terán un 50 % de aforo.

As decisións deste mércores serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa. “Espero que non teñamos que retroceder, pero se as cousas non van ben seremos consecuentes coas decisións”, manifestou Feijoo.

O presidente da Xunta repasou a situación epidemiolóxica: 2.658 casos activos, un 88% menos do que chegou a haber no pico de xaneiro. En canto á UCI, pasouse de 298 pacientes a 58, tras sete altas, un 77 % menos. Outras 235 persoas están en planta, un 80% menos que no pico de xaneiro. Na última seman houbo 23 mortos.

Hai 256.000 persoas vacinadas, das que 95.809 teñen as dúas doses. Sumado aos que pasaron a enfermidade, a taxa de inmunidade é do 7,6 % da poboación. A día de onte, 80.877 maiores de 80 anos xa tiñan a primeira dose e comeza a administración da segunda.”Poderemos inmunizar a toda a poboación de máis de 80 anos antes da última semana do mes de abril”, anunciou o presidente da Xunta, mentres que en maio comezará a vacinación dos galegos na década dos 70 anos.

Sobre a suspensión da vacina de AstraZeneca durante dúas semanas, Feijoo apoiou a medida “por precaución e para ter todas as garantías”.

Feijoo agradeceu “o esforzo de todos os galegos” porque os datos reflicten que “a responsabilidade se ten incrementando e os resultados son bos. Temos dicir que estamos contentos”. A incidecia a sete días é de 35,3 fronte aos 70 da media estatal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Xurxo Mariño recibe o Premio de Divulgación da RAGC: “A cultura científica contribúe nunha cidadanía crítica”

O galardón recoñece o labor do investigador da Universidade da Coruña, que leva máis de tres décadas difundindo coñecemento científico dende Galicia

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos