Venres 19 Abril 2024

Así será a nova desescalada: volta aos catro niveis previos á terceira onda

As medidas, que entrarán en vigor este venres, rexerán ata Semana Santa, mais mantense o confinamento nocturno e o peche da comunidade

Este 19 de marzo, día de San Xosé e festividade autonómica en Galicia, darase en marcha un novo paso na desescalada despois do impacto da terceira onda posterior ao Nadal. Como aconteceu en decembro, despois dun mes de peche da hostalaría, o territorio quedará dividido en catro niveis de restricións, en función da evolución epidemiolóxica nas últimas dúas semanas. As medidas estarán vixentes, en principio, desde a medianoite do xoves 18 ao venres 19 ata “o luns ou martes da Semana Santa”, en palabras do presidente da Xunta, e á espera da confirmación, negro sobre branco, no Diario Oficial de Galicia.

Por norma xeral rexerán varias medidas: tal e como acordou o Consello Interterritorial da pasada semana, manterase o peche perimetral de Galicia e o confinamento nocturno estará vixente na mesma franxa, de 22 a 6 horas. Ademais, a mobilidade estará permitida por todo o territorio, agás no caso dos concellos pechados perimetralmente e en niveis máximos de restricións.

Publicidade

Unha das principais novidades é a das reunións de persoas en domicilios. Aínda que se relaxan as medidas nos espazos públicos, onde se poderán reunir ata seis persoas (de estar ao aire libre) ou catro (no interior), non se permitirán as reunións dentro dos domicilios con persoas non conviventes. A medida encamíñase a evitar o risco de transmisión observado durante o Nadal, onde unha parte importante dos contaxios se produciu en vivendas particulares, con reunións familiares ou de amizade. Esta limitación, segundo o acordado no Consello Interterritorial da semana pasada, estará en vigor entre os días 17 e 21 de marzo e entre o 26 de marzo e o 9 de abril, co gallo da ponte de San Xosé e a Semana Santa. Porén, e á espera do que diga o DOG, a intención en Galicia é manter esta medida durante o lapso de tempo que vai ata o Domingo de Ramos.

A hostalaría abrirá en Galicia ata as 21 horas a partir do venres

Alén disto, estableceranse catro niveis en función da incidencia acumulada por 100000 habitantes nos últimos 14 días.

  1. Concellos cunha IA superior a 500
    En Vilardevós, Paradela e Maside manteranse a partir do venres as medidas propostas polo comité clínico este martes. A hostalaría seguirá pechada, non poderá haber de reunións non conviventes e ficará o peche perimetral individual.
  2. Concellos cunha incidencia entre 250 e 500
    Serán Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. Neles a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior.
  3. Concellos con IA entre 150 e 250
    Serán un total de 14 municipios, nos que vive o 12,4% da poboación: Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles. As reunións con non conviventes, no mesmo caso que nos tres niveis de menores limitacións, permitiranse sempre que non sexa no domicilio, con catro persoas en espazos interiores e seis en exteriores. Na hostalaría abrirán un 30% no interior e un 50% as terrazas. O horario tamén se amplía ata as 21h.
  4. Concellos cunha incidencia menor a 150
    O descenso da terceira onda sitúa neste nivel a 290 concellos galegos, onde reside o 85,6% da poboación. Ademais do indicado en canto ás reunións (4 persoas en interiores e 6 en exteriores), a hostalaría poderá abrir ao 50% no interior e 75% no exterior, tamén ata as 21 horas.

As medidas tamén rexerán noutras actividades como instalacións deportivas, culturais e doutros sectores. Segundo o presidente da Xunta, a normativa podería estar dispoñible este mesmo mércores no Diario Oficial de Galicia.

Así quedará, por tanto, o mapa a partir do venres:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península