Achégase outra onda da Covid-19?

* Un artigo de

Agora que se teme o crecemento dunha nova onda de Covid-19, hai que dicir que o peor é, sobre todo, que ese temor impida tomar as decisións axeitadas. Non debemos acrecentala nos nosos temores, pero tampouco minusvalorar a situación.

Publicidade

Cal é a situación agora?

Fálase da “cuarta” onda sen unha análise precisa que nos permita saber cantas ondas houbo en realidade. E sen considerar que, dependendo da unidade territorial utilizada, a numeración da onda pode variar.

Se nos referimos ao observado en España a nivel nacional, e utilizando como medida a incidencia acumulada a 14 días (IA14), podemos contar como reconocibles as seguintes:

  1. A primeira, que afectou de marzo a maio de 2020.

2. A segunda, de xullo a novembro de 2020.

3. A terceira, desde decembro do 2020 a febreiro de 2021.

Pero dentro delas poderían facerse matizacións. Moitas. Porque non foron os mesmos os criterios utilizados para definir casos, ou a dispoñibilidade e utilización das probas diagnósticas, nin a afectación en mortalidade ou en ingresos hospitalarios.

Como tampouco foron iguais as pendentes da curva de IA14, nin a gravidade en termos de falecementos. Nin a caída da incidencia entre ondas, xa que só no mes de xuño de 2020 os valores poderían considerarse aceptables.

Na actualidade a, chamémoslle, terceira onda caeu con bastante rapidez, pero sen chegar a “tocar chan”. A nivel nacional non se alcanzou sequera un valor de 120 casos por 100000 habitantes en IA14. E estase vendo, nos últimos días, un cambio de tendencia.

Pero a situación non é igual en todas as comunidades autónomas. Mentres unas cantas manteñen valores moi por baixo destas cifras (Comunitat Valenciana, Baleares, Murcia, Galicia), outras mantivéronse en todo momento moi por riba (Madrid, Ceuta e Melilla). O que é peor, nalgunhas crebouse absolutamente a tendencia, e están a comezar a subir (Navarra e País Vasco).

Pero hai máis. Nalgúns países europeos, próximos e vinculados con España (Francia e Italia principalmente), a situación é peor e noutros (Alemaña), sinxelamente, non é mellor.

Por outra banda, a vacinación en España está aínda lonxe de protexer a unha proporción importante da poboación. Neste momento (28 de marzo) hai 2.505.842 persoas coa pauta completa. Isto representa o 5,3% da poboación. Aínda que é importante resaltar que o 90% das persoas institucionalizadas en España xa están completamente protexidas pola vacina.

E cales son os riscos?

  • O número de persoas susceptibles. Sumando á poboación completamente vacinada a que resultou infectada no transcurso da pandemia (3.255.324) temos ao 12,2% dos habitantes. Dado que o estudo ENE-COVID na última rolda publicada, a cuarta, cifrou nun 9,9% a poboación con anticorpos IgG, e que isto corresponde a un momento anterior á terceira onda, pode considerarse que as persoas con anticorpos superarán na actualidade esta cifra amplamente. Con todo, o número de persoas susceptibles en España é aínda moi elevado: moitas persoas poden aínda ser afectadas polo virus.
  • As variantes do virus. A diseminación da variante B.1.1.7, a británica, é ampla (máis do 50% na maioría das comunidades autónomas e nalgunhas representa máis de 70% do total de casos) e aumentou con rapidez nas últimas semanas. Esta variante relaciónase cun aumento de transmisibilidade e podería dar lugar a un incremento da letalidade.
  • O incremento de mobilidade debido ás festas. Comeza a semana santa e, a pesar dos peches perimetrais das comunidades autónomas, a mobilidade pode incrementarse. E tamén pode facelo desde países con peor situación que España.
  • A presións económicas e a fatiga pandémica. As medidas necesarias para conter ao virus xeran, en ocasións, rexeitamento e o seu cumprimento pode verse comprometido, máxime cando, nalgúns casos, as autoridades acéptanas de mala gana. A afectación económica que as medidas teñen en moitos sectores da economía ocasiona presións sobre os decisores do ámbito político, que tratan de aliviar este impacto. Ás veces, sendo renuentes ou máis permisivos na súa adopción ou na vixilancia do seu cumprimento. E incorrendo en ocasións en contradicións e incoherencias que desconcertan á poboación.
  • A saturación do sistema de saúde. A pesar da mellora, todos os niveis do sistema (primaria, hospitais, saúde pública) seguen presionados e tensionados. E esgotados tras un ano sen parar.

A responsabilidade da sociedade organizada

Aínda é posible evitar que o efecto desta onda sexa tan terrible como o foi o da anterior. Para iso debe solicitarse a toda a sociedade, autoridades e cidadanía, que non caia nun optimismo infundado.

Hai que seguir facendo, como fixo a Sociedad Española de Epidemiología, chamamentos para adoptar as medidas que se requiran segundo evolucione a situación e a maximizar o cumprimento e respecto destas, e a limitar a mobilidade o máximo posible. É responsabilidade de todos porque afecta a toda a sociedade.

E tamén debe contemplarse que a adopción, ou o reforzo de medidas cando sexa necesario, se faga con criterios de equidade, contemplando todos os escenarios e apoiando, de verdade, ás persoas e sectores que están a resultar máis afectados. Ninguén pode considerase a salvo se non se pensa en toda a sociedade, local e global.

Estamos mellor preparados, pero podémolo facer mellor. A vacinación poderá aliviar os efectos máis graves que se viron en anteriores ondas. Pero non será suficiente se non hai cooperación da sociedade no seu conxunto.


* Óscar Zurriaga é profesor titular do departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública (Universitat de València). É investigador no Servicio de Estudios Epidemiológicos y Estadística Sanitaria da Generalitat Valenciana, e na Unidade Mixta de Investigación de Enfermidades Raraas Fisabio-UVEG.

Cláusula de divulgación: o autor recibe fondos obtidos en concorrencia competitiva da Acción Estratéxica de Saúde (AES), do Instituto de Salud Carlos III, para a realización dun proxecto de investigación. É vicepresidente da Sociedad Española de Epidemiología.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a febre do preguiceiro? A (pen)última ameaza para a saúde mundial

O virus Oropouche provocou 8.000 infeccións en Sudamérica no que vai de 2024 e xa se detectaron os primeiros casos en Estados Unidos e Europa

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Os móbiles causan cancro? A ciencia descarta esta relación tras 30 anos de estudo

A evidencia non mostra un aumento significativo no risco dos tipos de cancro máis investigado asociados co uso de teléfonos

Forte aumento da diabetes tipo 1 en menores nos últimos 30 anos: cales son as causas?

En 2019, uns 1,5 millóns de persoas con menos de 20 anos tiñan a patoloxía na que o sistema inmune ataca a destrúe as células do páncreas que producen insulina