O comité clínico propón maiores restricións pola Covid-19 para preto de 30 concellos

Beade e Maside pasan ao nivel máximo de restricións a partir do venres, outros sete concellos quedan no nivel alto e 19 máis, no nivel medio

O Comité clínico de que asesora á Xunta de Galicia sobre a pandemia da Covid-19, reunido este martes pola tarde, acordou a modificación do mapa de restricións que rexía desde o pasado venres, logo de que entrasen en vigor as liñas mestras da desescalada, con catro niveis en función da situación epidemiolóxica de cada municipio. Estas medidas serán efectivas a partir da medianoite do xoves 25 ao venres 26, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta será a situación desde entón:

  • A meirande parte dos concellos (285), quedarán no nivel de limitacións medio-baixo: estarán permitidas as reunións en espazos públicos e locais de hostalaría, entre outros, de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, e a hostalaría poderá abrir ao 50% no interior e 75% no exterior ata as 21 horas.
  • En nivel medio estarán Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón. As reunións con non conviventes, no mesmo caso que nos tres niveis de menores limitacións, permitiranse sempre que non sexa no domicilio, con catro persoas en espazos interiores e seis en exteriores. Na hostalaría abrirán un 30% no interior e un 50% as terrazas, ata as 21 horas.
  • No nivel alto ficarán Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona. Neles a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior, coa mesma prohibición xeral das reunións de non conviventes nos domicilios.
  • No nivel máximo quedan Beade e Maside. Quedarán desde o venres con peche perimetral individual, a hostalaría pechada e non poderá haber en ningún caso reunións non conviventes.

Neste mapa podes consultar máis detalles:

Publicidade

Ademais, e segundo avanzado pola Xunta a pasada semana, por norma xeral rexerán en todo o territorio outras restriccións: tal e como acordou o Consello Interterritorial, manterase o peche perimetral de Galicia e o confinamento nocturno estará vixente na mesma franxa, de 22 a 6 horas. Ademais, a mobilidade estará permitida por todo o territorio, agás no caso dos concellos pechados perimetralmente e en niveis máximos de restricións.

Unha das principais novidades é a das reunións de persoas en domicilios. Aínda que se relaxan as medidas nos espazos públicos, onde se poderán reunir ata seis persoas (de estar ao aire libre) ou catro (no interior), non se permitirán os encontros dentro dos domicilios con persoas non conviventes. A medida ten por obxectivo evitar o risco de transmisión observado durante o Nadal, onde unha parte importante dos contaxios se produciu en vivendas particulares, con reunións familiares ou de amizade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño