Case 30 concellos seguirán con restricións a partir do luns por mor da Covid-19

O subcomité clínico mantén a Beade en nivel máximo, 10 municipios no limiar de limitacións altas e outros 18, no nivel medio

O subcomité clínico que avalía a situación da pandemia da Covid-19 en Galicia decidiu, na súa reunión deste venres, manter a Beade como único concello no nivel máximo de restricións. Así, a partir da medianoite do domingo ao luns (cando entrarán en vigor as medidas anunciadas hoxe despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia), Beade manterase o peche perimetral, a prohibición das reunións entre persoas non conviventes (agás excepcións contempladas pola normativa), e o peche da hostalaría.

No seguinte nivel, o alto, quedarán Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda. Neles a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior, coa mesma prohibición xeral das reunións de non conviventes nos domicilios que rexe desde a semana pasada.

Publicidade

No nivel medio estarán a partir do luns os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia. As reunións con non conviventes, no mesmo caso que nos tres niveis de menores limitacións, permitiranse sempre que non sexa no domicilio, con catro persoas en espazos interiores e seis en exteriores. Na hostalaría abrirán un 30% no interior e un 50% as terrazas, ata as 21 horas.

No resto dos concellos galegos, un total de 294, seguen vixentes as medidas do nivel medio-baixo, no que estarán permitidas as reunións en espazos públicos e locais de hostalaría, entre outros, de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, e a hostalaría poderá abrir ao 50% no interior e 75% no exterior ata as 21 horas.

Publicidade

A comezos da semana que vén está previsto que a Xunta revise as medidas globais establecidas na terceira desescalada, diante da chegada dos días festivos da Semana Santa. A situación epidemiolóxica mantense nunha chaira que descende de forma lenta. Segundo os datos do Ministerio de Sanidad, a incidencia acumulada a 7 e 14 días en Galicia é, respectivamente, de 32,86 e 73,64 casos/100.000 habitantes. Mantense un ritmo de algo máis de 100 casos novos diarios. Os datos pechados ás 18 horas do xoves expoñían que había 178 hospitalizadas e outras 36 en coidados intensivos. Faleceron, desde marzo de 2020, 2331 persoas con Covid-19. Máis de 111000 persoas superaron a infección, e algo máis de 2400 mantéñense como casos activos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía