O cambio de hora aforrará un 0,4% en electricidade en Galicia

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) fai un cálculo do aforro enerxético do adianto dos reloxos e a chegada esta fin de semana do horario de verán

Esta fin de semana cambia a hora, no medio dun debate aberto en toda Europa sobre a oportunidade desta medida. E Galicia ten un cálculo do aforro enerxético que suporá adiantar unha hora os nosos reloxos: un 0,4 por cento do consumo eléctrico.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) afirma que co comezo do horario de verán, na madrugada do sábado ao domingo (ás 02.00 horas serán as 03.00 horas), representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.

Publicidade

“Este cambio de hora permite un maior aproveitamento das horas de luz, o que suporá empregar a luz solar para a realización de distintas actividades durante o día, reducindo deste xeito os consumos enerxéticos”, asegura o Inega, que recorda que para alcanzar este potencial de aforro, é preciso “levar a cabo un uso racional e responsable da enerxía a través de pautas sinxelas, como prescindir da luz artificial cando non é estritamente necesaria; utilizar tecnoloxías de aforro en iluminación de baixo consumo; instalar sensores que apaguen ou regulen a iluminación artificial; ou optar pola renovación de fiestras para evitar as fugas de calor”.

O Inega afirma que, con pautas de aforro dos cidadáns, se pode chegar a diminuír o consumo enerxético anual ata un 35%, ademais de evitar emisións contaminantes á atmosfera. De feito, o instituto ten a disposición dos cidadáns a Guía práctica de aforro de enerxía.

Publicidade

O cambio horario vén motivado pola Novena Directiva que rexe o denominado “Cambio de hora”, de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea, vixente desde o ano 1981 e que se renova cada catro anos. Esta medida de modificación dos horarios comezou a xeneralizarse a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e diversos países decidiron adiantar os seus reloxos nos meses de verán para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.

Inflúe o cambio de hora na nosa saúde?

1 comentario

  1. Andrómenas! Para quen é o aforro? E logo o Nadal que agora é ampliable a outras datas? Sen mais comentarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC deseña un sistema pioneiro de monitorización da humidade en cultivos de mosca soldado negra

O proxecto desenvolve un modelo que permita aumentar a produción de proteínas, graxas e fertilizante de forma máis eficiente e sostible

Científicos galegos lideran o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama

O proxecto MamoRisk recabará datos de 10.000 mulleres seleccionadas aleatoriamente entre participantes nos programas de cribado de 14 comunidades autónomas

Que é o verme soldado? A gran praga que ameaza os cultivos de millo en Galicia

A Consellería do Medio Rural advirte a agricultores e gandeiros sobre o risco das plantacións en concellos como Mazaricos e A Baña

O método REPAG: como transformar os subprodutos de pataca nas proteínas alimentarias do futuro

O Centro Tecnolóxico galego desenvolve un proceso sostible e innovador para converter restos do procesado industrial en ingredientes de alto valor engadido para consumo humano