Martes 19 Marzo 2024

Galicia, o lugar de España que máis rexeita o cambio de hora, segundo unha enquisa

Ante a pregunta “Cambiarías a hora cada verán/inverno?”, un 80% dos galegos aos que preguntou a consultora Ipsos respondeu que non. É o resultado dunha enquisa da que se tira que Galicia é a comunidade autónoma de España que máis en contra está de que se faga o cambio de hora dúas veces ao ano.

No conxunto do Estado,  a porcentaxe maioritaria, un 72%, está tamén en contra das modificacións. Galicia é, xunto ao País Vasco (78%), a zona con maior rexeitamento, mentres que Cataluña (36%) e a Comunidade Valenciana (32%), son as que maior porcentaxe a favor presentan.

Publicidade

Con todo, a enquisa, que leva por título “Barómetro sobre Neurociencia y Sociedad”, non precisa cal é o horario que preferirían os cidadáns se se suprimise este cambio, tal e como anunciou a Unión Europea este verán, despois dunha enquisa na que participaron millóns de persoas. De manterse o horario de verán todo o ano, por exemplo, en Galicia non amencería ata as 10 da mañá no mes de decembro. O atraso do reloxo da madrugada deste sábado podería ser un dos últimos, se España segue as recomendacións da UE. Con todo, Portugal xa anunciou a súa intención de manter horarios distintos en verán e inverno.

Cambio de hora e idade

Porén, o barómetro de Ipsos si estuda as diversas opinións sobre o cambio de hora en función da idade. E obtén diferenzas importantes. Así, os maiores de 60 anos son os máis remisos un cambio de hora (80%). A porcentaxe dos enquisados que están de acordo co cambio aumenta a medida que diminúe a idade. Así un 36% das persoas entre 18 e 39 anos están a favor do cambio. Nos grupos de idade 40-49 e 50-59, diminúe ao 27% e 25%, respectivamente.

Segundo sinala Ipsos na ficha técnica, a mostraxe total da entrevista foi de 1.000 individuos, das que un 6% (60 persoas) foron galegas. Foron entrevistas “online”, de 10 minutos de duración, realizadas entre o 7 e o 13 de setembro de 2018.

Máis información sobre a enquisa na web de Ipsos.

 

4 COMENTÁRIOS

  1. Los portugueses si que saben, llevamos decadas con el cambio horario ajustándose a las horas de luz entre invierno y verano no entiendo este ansia estúpida e irracional por cambiar algo que funciona,es pura lógica, optar por una única hora como si la tierra fuese plana me parece un enorme error. Pretender que mantener el horario de verano es más bueno porque alarga las tardes es no entender nada. No por mucho que los estires a las siete será de noche, es más realizaremos toda nuestra actividad diaria de noche con ese horario veraniego. El invierno no dejará de ser invierno por mucho que adelantemos la hora. Lo adecuado es hacer como los portugueses nantener el cambio horario ajustandolo al invierno y al verano, como siempre ydedicarnos a lo verdaderamente importante y no a pijadas y modismos que solo nos traerán nuevos problemas.

  2. Non ó cambio de hora, total en decembro xa se sae a traballar de noite, mellor que a tarde dure máis. O que si é fundamental é adaptar os horarios de traballo a Europa, pois pasamos parte do día con dedicación ó traballo. Non pode ser que paremos 3 horas para comer.

    • A racionalización dos horarios é fundamental pero a hora ten que ser a solar e co horario de inverno aínda tería Galicia un desfase dunha hora, así que o de verán xa é unha locura. Temos que pensar na saúde, nos biorritmos, na capacidade de concentración pola mañá nos traballos e escolas, etc e non tanto nos paseos e nas cañitas da tarde que así lle vai ao país. Todos os países do mundo teñen a hora solar menos nos e non rendimos a pesar de ser os que máis horas estamos no traballo. Por algo será.

      • Home, iso non é verdade, que países teñen a hora solar? O que si é certo é que a maioría teñen só unhs hora de desfase co sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Debe ter Galicia o mesmo horario que o resto do Estado?

A poucos días de mudar a hora, abrése o debate sobre se a nosa comunidade debería seguir o fuso de Portugal e Reino Unido

Sete de cada dez galegos queren acabar co cambio de hora

O barómetro do CIS revela que Galicia o 69,1% pretende manter o mesmo horario todo o ano, cinco puntos máis que no conxunto de España

Un estudo cuestiona os riscos para a saúde atribuídos ao movementos do reloxo

Investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Sevilla revisaron a literatura científica máis citada a este respecto

O sábado o reloxo atrásase unha hora: a orixe dun método secular que pode afectar á saúde

Na madrugada do domingo ao tres serán as dúas. Explicámosche a orixe do cambio horario e o debate sobre as implicacións sanitarias