Coa actual normativa sobre o cambio de hora, os países da UE divídense en tres fusos horarios.

Coa actual normativa sobre o cambio de hora, os países da UE divídense en tres fusos horarios.

Xa podes votar se queres (ou non) que nunca máis haxa cambio de hora na UE

Unha enquisa en liña, que estará activa ata o 16 de agosto, consultará aos cidadáns comunitarios sobre a actual normativa horaria

O debate sobre as vantaxes e desvantaxes do cambio de hora é unha constante entre os cidadáns. As ideas sobre o aforro enerxético, os beneficios para a saúde ou a conciliación laboral son algúns dos factores que se mesturan nestas conversas. E agora parece que a Unión Europea vai afrontar este debate en profundidade. Como parte da compilación de datos sobre o asunto, alén de informes científicos e consultas ás diversas institucións comunitarias, a Comisión Europea abriu o pasado 4 de xullo unha consulta en liña para que todos os cidadáns poidan votar se queren (ou non) que se modifiquen as actuais disposicións sobre a hora de verán. A consulta levantou un gran interese, e a páxina colapsou varias veces desde entón. Porén, hai tempo para votar ata o 16 de agosto.

Os estudos sobre o aforro enerxético din que o cambio de hora en verán supón un aforro “marxinal”

Nos últimos anos, algúns estados membros Estados miembros abordaron a cuestión coa Comisión. Finlandia, por exemplo, pediu rematar co cambio de hora semestral, e Lituania solicitou unha revisión do actual sistema que teña en conta as diferenzas rexionais e xeográficas.

Na actualidade, contémplase o cambio de hora dúas veces ao ano (o último domingo de semana de marzo e o último de outubro) co fin de “ter en conta a evolución da luz diurna e aproveitar a súa dispoñibilidade nun determinado período”, segundo explica a UE. Esta tradición remóntase, dependendo dos países, á crise do petróleo nos anos 70 ou, noutros casos, á Primeira ou Segunda Guerra Mundial. Entre os aspectos a ter en conta para este cambio estaban tamén factores como a seguridade vial ou a adaptación ás prácticas dos países veciños e do mercado común europeo.

Desde 1980, a UE regula estas disposicións sobre o cambio de hora, que se contempla na Directiva 2000/84/CE. Así, hoxe a Unión distribúese en tres fusos horarios: UTC (Irlanda, Portugal e Reino Unido); UTC +1 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chequia, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, España, Francia, Hungría, Italia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, República Eslovaca e Suecia); e UTC +2 (Bulgaria, Chipre, Estonia, Finlandia, Grecia, Letonia, Lituania e Romanía).

Estudos sobre o cambio de hora

Para desenvolver estas normativas, téñense realizados numerosos estudos científicos nos últimos anos. Conta a UE que, con estas investigacións, chegouse a varias conclusións nos seguintes aspectos:

– Mercado interior: Polo momento, os datos con que se conta só apoian unha conclusión: permitir cambios horarios descoordinados entre os Estados membros iría en detrimento do mercado interior, como consecuencia do aumento de custos no comercio transfronteirizo, os inconvenientes para o transporte, as comunicacións e os desprazamentos e a menor produtividade no mercado interior de bens e servizos.

Enerxía: Os estudos indican que o efecto global de aforro de enerxía que se deriva da hora de verán é marxinal, a pesar de ser unha das principais xustificacións para a súa adopción. Os resultados tamén tenden a variar en función de factores como a localización xeográfica.

Galicia sitúase na mesma lonxitude ca países que contan cunha hora menos.

Galicia sitúase na mesma lonxitude ca países que contan cunha hora menos.

Saúde: Considérase que a hora de verán xera efectos positivos vinculados o incremento das actividades de lecer ao aire libre. Con todo, os estudos cronobiolóxicos parecen indicar que o seu impacto no biorritmo humanos podería ser máis importante do que se supoñía. Os datos sobre os efectos globais na saúde (isto é, o saldo entre as repercusións positivas e negativas) non son concluíntes.

– Seguridade viaria: os datos son pouco concluíntes con respecto á relación entre a hora de verán e os accidentes de tráfico. En principio, a privación de soño que leva o adianto da hora na primavera podería incrementar o risco de accidentes. Por outra banda, considérase que o aumento das horas de luz vespertina durante o verán tería un efecto positivo na seguridade viaria. Con todo, e a diferenza do que ocorre con outros factores, adoita ser difícil determinar o efecto directo da hora de verán nos índices de accidentes.

– Agricultura: a utilización de novos equipos, sistemas de iluminación artificial e tecnoloxías de automatización parece disipar a maioría dos receos que suscitaban a perturbación dos biorritmos animais e os cambios nas rutinas de muxido como consecuencia do cambio de hora. Unha hora extra de luz durante o verán tamén pode ser unha vantaxe, xa que permite ampliar a xornada laboral para actividades de exterior, en tarefas de labranza ou recolección.

Hai dúas opcións: manter a actual normativa ou acabar cos cambios de hora semestrais

Con toda esta bagaxe, en febreiro deste ano o Parlamento Europeo adoptou unha resolución na que se pedía á Comisión que fixera unha avaliación exhaustiva da Directiva 2000/84/CE e, chegado o caso, presentar unha proposta para a súa revisión. Con todo, a resolución subliñaba que era “esencial manter un réxime horario unificado, incluso despois do posible fin do cambio de hora bianual”.

Deste xeito, a votación e as iniciativas impulsadas pola UE pretenden analizar as dúas opcións sobre a mesa: por unha banda, manter as actuais disposicións sobre a hora de verán na UE; ou, pola outra, poñer fin aos actuais cambios de hora semestrais en todos os Estados membros e prohibir os cambios periódicos (neste caso, isto non afectaría á elección do fuso horario, e cada Estado podería escoller entre ficar co horario de verán ou de inverno de xeito permanente).

O cuestionario sobre o cambio de hora está dispoñible nesta ligazón en todas as linguas oficiais da UE, agás o irlandés, e as respostas poden tamén enviarse en calquera lingua da UE.

 

 

 

104 respostas a “Xa podes votar se queres (ou non) que nunca máis haxa cambio de hora na UE”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.