Un monolito lembra no Courel a aparición da escritura en Galicia

Un monólito lembra na Monte Cidro do Courel a aparición das primeiras mostras de escritura documental romana no Noroeste peninsular e a conseguinte entrada na Historia desta rexión da Hispania. A colocación do monumento inaugurado este venres responde a unha iniciativa promovida polo catedrático e profesor ad honorem da USC Antonio Rodríguez Colmenero e impulsada a través do Centro de Estudos de Historia da Cidade, unha plataforma ou centro de investigación da USC con sede na Facultade de Humanidades do campus de Lugo.

Rodríguez Comenero ante o monolito.
Rodríguez Comenero ante o monolito.

O obxectivo desta actuación é o de  difundir e poñer en valor os tres documentos escritos máis antigos da primitiva Gallaecia, dous dos que se atoparon a mediados do século XX nesta zona do municipio de Folgoso do Courel, mentres que o terceiro apareceu nas proximidades da veciña localidade leonesa de Bembibre, segundo indicou a catedrática de Historia da Arte da USC Ana Goy Diz.

Publicidade

A tamén directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC salientou que o monumento inaugurado este venres en Folgoso do Courel serve para recoñecer a importancia do achado dos primeiros documentos escritos no noroeste peninsular de Hispania, xa que , “aínda que poida parecer anecdótico, este feito supuxo para o territorio da Gallaecia o paso da Prehistoria á Historia”.

“Estamos a falar do primeiro fito histórico de Galicia, un feito transcendental que precisamente tivo lugar na provincia de Lugo, nunha enclave montañoso moi próximo coas terras bercianas”, engadiu Goy Diz. Esta profesora considera asemade “sumamente interesante” poder reflexionar sobre a aparición da escritura en Galicia 2.000 anos despois e cando nos atopamos na plena era dixital.

Publicidade

Alén do simbolismo, a catedrática de Historia da Arte da USC explicou asemade que os primeiros escritos atopados achegan información útil e de interese respecto de como se produciu a chegada dos romanos a Galicia. Daquela, indica Goy, os escritos plasmados nas táboas de bronce aluden a pastos de hospitalidade entre os romanos e a poboación que xa ocupaba os castros. “É dicir, estes pactos de hospitalidade apuntan cara unha colonización de amizade, non só unha invasión pola  forza”, comentou.

O acto de inauguración do monólito conmemorativo do primeiro fito histórico de Galicia no Monte Cidro congregou este venres en Folgoso do Courel unha nutrida comitiva que estivo encabezada pola alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, e da que ademais dos promotores desta iniciativa, Antonio Rodríguez Colmenero e Ana Goy Diz, tamén formaron parte o vicedecano da Facultade de Humanidades, Gonzalo Fernández Suárez; a Xefa Territorial en Lugo da Consellería de Cultura, María José Gómez; profesionais e responsables do Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, ademais doutros autoridades políticas castelás.

Antes da posta de largo en Monte Cidro do monólito conmemorativo, unha peza granítica que inclúe simboloxía alusiva a vencedores e vencidos, ademais dun placas de latón análogas ás achadas de bronce, as persoas que tomaron parte neste acto participaron nunha sesión informativa celebrada nas instalacións da Estación Científica do Courel. Neste acto interviñeron, ademais de Colmenero e Goy Diz, o director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, e a alcaldesa do Courel, Dolores Castro.

1 comentario

  1. Alegrome muito que se lle dea valor a nosa história, cando era pequena a miña abóa contabame muitas cousas dos minutos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga