A RAGC organiza en Lugo un ciclo sobre incendios forestais

A Real Academia Galega de Ciencias, no marco dun convenio coa Deputación de Lugo, organiza para o mes de novembro un ciclo de conferencias baixo o título “Incendios forestais e recuperación de terreos queimados en Galicia”, que terá lugar na capital lucense. O ciclo está dedicado á memoria de Luis Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade durante moitos anos en Lugo, e que foi académico, secretario e vicepresidente da RAGC.

Entre os días 19 e 28 de novembro, varios expertos do eido abordarán desde diversas perspecgtivas este problema. Os alumnos inscritos no curso que xustifiquen a súa asistencia recibirán un diploma acreditativo. As sesións terán lugar no salón de actos da Deputación, agás o día 20, cando terá lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

Publicidade

Programa (todas serán ás 19.30 horas)

19 de novembro: Tomás Fernández Couto, director xeral de Ordenación Forestal da Xunta: “Os incendios forestais en Galicia”.

20 de novembro: Ana Daría Ruíz González, profesora de Enxeñaría Agroforestal da USC: “O combustible vexetal e os incendios forestais”.

21 de novembro: Álvaro García Ortiz, fiscal.

22 de novembro: Alberto Martí Ezpeleta, profesor de Xeografía da USC. “Cambio climático e incendios forestais”.

26 de novembro: José Antonio Vega, exdirector do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. “Recuperación de terreos queimados”.

27 de novembro: Elvira Díaz Vizcaíno, profesora de Botánica da USC. “Efectos ecolóxicos dos incendios forestais”.

28 de novembro: Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático de Produción Vexetal da USC e académico da RAGC. “Sistemas silvopastorais como técnica de prevención de incendios”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024