Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses, convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza en 2024 a súa trixésimo sétima convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares, Libro editado e, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae inclúese a nova modalidade de Proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos. Ademais, concederase un Prisma Especial do Xurado a persoas ou institucións que destacan pola súa contribución á divulgación científica.

Todos os traballos presentados deberán xirar arredor de calquera tema en relación coas ciencias, tanto nos seus aspectos xerais como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión de ideas, actitudes e procesos científicos. Estes proxectos estarán dirixidos ao público en xeral, como se reflicte nas premisas dos premios.

Publicidade

Todas as modalidades, excepto a de Libro editado (recibirá un Prisma de Bronce para a editorial) e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. Para participar nesta XXXVII Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 3 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases.

Con todo, é o Xurado dos Prismas quen ten a última palabra sobre os proxectos gañadores. Estará formado por, polo menos, cinco membros nomeados pola Organización, a cargo dos Museos Científicos Coruñeses. Entre eles, estarán persoas de recoñecido prestixio no campo da divulgación científica, o xornalismo científico e a ensinanza das ciencias. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ou un delegado nombrado por ela, presidirá o Xurado, mentres que a figura do Secretario residirá no responsable de servizo dos museos. A presidencia dirixirá e ordeará as deliberacións e votacións, sendo depositario, en caso de empate, do voto de calidade.

Publicidade

Os criterios nos que se baseará este Xurado para conceder os premios partirán de tres requisitos. En primeiro lugar, o rigor científico e estilo educativo. Segundo, unha comunicación clara e sinxela de temas científicos de interese e actualidade. En terceiro e último lugar, que posúan capacidade de divulgación e creatividade para comunicar a ciencia. A entrega dos premios Prismas realizarase no transcurso dun acto que se celebrará na Coruña o sábado 16 de novembro de 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica