Estes son os gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias 2023

O xurado do galardón, un dos máis recoñecidos na divulgación científica en España, deu a coñecer este martes o seu ditame

O xurado dos Premios Prismas Casa das Ciencias, un dos galardóns máis relevantes da divulgación científica en España, e que outorgan os Museos Científicos Coruñeses, anunciou este martes o ditame da súa 36ª edición.

As categorías nas que se concede os Prismas de Bronce son as seguintes: vídeo, novos medios, libro editado, artigo xornalístico, traballo en radio e proxecto singular.

Publicidade

  • Mellor traballo en vídeo: Maa-Yiem, a extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi, de Alfonso Par, por dar visibilidade a unha figura fascinante a través dun magnífico relato e o uso exemplar dos recursos cinematográficos.
  • Mellor traballo en novos medios: Amautas: la aventura del conocimiento, presentado por Javier Santaolalla Camino, Jorge Pérez Melián e José Daniel Edelstein Glaubach, por poñer ao alcance do público unha oferta multiformato de contidos divulgativos variada e de gran calidade.
  • Mellor libro editado: La lira desafinada de Pitágoras, de Almudena Martín Castro para Harper Collins Ibérica, por narrar de forma accesible, rigorosa e elegante o complexo vínculo entre a ciencia e a música.
  • Mellor artigo xornalístico: La ciencia de estirar el tiempo, de Eugenia Angulo Alonso para Revista Alfa, por ofrecer unha mirada ao futuro baseada na investigación contemporánea nun texto de gran calidade que acode a fontes diversas e relevantes.
  • Mellor traballo en radio: Desdibuixem les cançons de Marco Mezquida amb les il·lusions musicals, de Laura Farré Rozada, por incorporar a perspectiva das matemáticas á programación cultural dunha emisora pública, achegando a ciencia a novas audiencias.
  •  Mellor proxecto singular: María Andresa Casamayor, presentado por Julio Bernues Pardo, Pedro Miana Sanz, Raquel Villacampa Gutiérrez e Instituto Universitario de Matemáticas y Aplicaciones da Universidade de Zaragoza, por recuperar unha figura descoñecida pero de gran relevancia a través de múltiples formatos e coa participación de diversos axentes sociais.

Ademais, o xurado decidiu outorgar o Prisma Especial do Xurado ao Planetario de Pamplona, pola súa gran “implantación social, o extraordinario impacto público das súas iniciativas e o nivel de excelencia mantido polo seu equipo ao longo dunha extensa traxectoria”. Tamén se decidiu outorgar unha mención honorífica na modalidade de Prisma Especial do Xurado a Rogelio Sánchez Verdasco, polo seu “inefatigable impulso de proxectos colectivos e o enfoque innovador do seu traballo sempre xeneroso”.

O xurado estivo composto por Elena Lázaro, coordinadora da UCCi na Universidade de Córdoba, como presidenta; Oscar Huertas, técnico de Comunicación e Divulgación Científica en CICA-UDC; Manuel Rey, responsable de comunicación no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE); Socorro Castro, profesora titular de Química Inorgánica na Universidade da Coruña; e Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.

Publicidade

A entrega dos premios terá lugar nun acto que se celebrará o sábado 18 de novembro na Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

A G-Night superará as 200 actividades na súa quinta edición

Vigo, Ourense e Pontevedra sumarán máis de 40 eventos que achegan a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade