Retro

Unha historia de resistencia na Galicia do século X: a neta que denunciou o avó por violación

O investigador Abel de Lorenzo rescata os casos de violencia sexual na Alta Idade Media no noroeste peninsular

Tes un ben cultural ao lado da casa? Este mapa interactivo de Galicia permíteche descubrilo

A aplicación desenvolvida polo divulgador Manuel Gago permite consultar máis de 75.000 pezas de patrimonio a través dun mapa interactivo e imaxes históricas

Resolto o enigma dos aneis milagreiros do mosteiro de Santo Estevo

Unha investigación do CSIC confirma a autenticidade das xoias atopadas en 2020 durante a restauración de mobiliario da igrexa do antigo mosteiro e dátaas no século X

Como eramos hai 100 anos? Esta é a primeira longametraxe documental rodada en Galicia

A Deputación da Coruña recupera e presenta a única película da posguerra datada do ano 1929 no Museo do Pobo Galego

Casas galaicas e edificios perdidos: así se reconstrúe en 3D o patrimonio histórico galego

O Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG) emprega a tecnoloxía 3D para recuperar espazos e edificios perdidos, combinando rigor histórico e innovación

Como facerse o parvo no século XV? O libro escrito por un galego para os Reis Católicos

O incunable 'Criança y virtuosa doctrina' conservado na Biblioteca Nacional de España trátase dun testemuño único do primeiro tratado de protocolo da Castela medieval

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores

Os Foucellas, a resistencia republicana que se botou aos montes para loitar contra o fascismo

O grupo Histagra da USC inicia a exhumación dunha fosa da resistencia armada antifranquista en Teo

Un mapa para non esquecer: a historia detrás das 96 foxas galegas da Guerra Civil

RTVE presenta o proxecto "El país de las 6.000 fosas", elaborado xunto á iniciativa "Nomes e voces", para documentar os enterramentos irregulares da represión franquista

Do lume ao abandono: a situación límite da mina galega de volframio controlada polos nazis

Unha campaña de recadación de fondos busca protexer a antiga explotación de Casaio tras o grave impacto dos incendios de agosto

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento

Desaparece a Pedra do Encanto, unha das xoias patrimoniais de Vimianzo

Segundo Apatrigal, o penedo carece de protección oficial e a súa ausencia evidencia a vulnerabilidade da herdanza natural non catalogada en Galicia

Prehistoria no medio do mar: “O illote do Areoso é un xacemento en si mesmo”

Os arqueólogos traballan contra o avance do mar para preservar o patrimonio arqueolóxico deste enclave na ría de Arousa

Máis aló do Louvre: as grandes perdas patrimoniais da historia de Galicia

A raíz do roubo de oito xoias da coroa francesa, lembramos algunhas das desaparicións máis relevantes do legado cultural, como o Códice Calixtino ou o tesouro de Caldas de Reis

O primeiro cartógrafo da Antártida era galego? A historia de Francisco Seyxas

Explorador do século XVII, navegante e espía, documentou terras e illas ao sur do Estreito de Magallanes máis dun século antes dos descubrimentos ingleses

A que xogaban os romanos? O achado dunha ficha en Sober dá novas pistas

Unha peza de pedra branca atopada no xacemento arqueolóxico de Proendos podería pertencer a un antigo xogo de mesa coñecido como alquerque de nove