Como eramos hai 100 anos? Esta é a primeira longametraxe documental rodada en Galicia

A Deputación da Coruña recupera e presenta a única película da posguerra datada do ano 1929 no Museo do Pobo Galego

Como era Galicia hai 100 anos? A esta pregunta dá resposta a Deputación da Coruña, que presenta no Museo do Pobo Galego a película Unha viaxe por Galicia, a primeira longametraxe documental do cinema mudo rodada en Galicia e a única da posguerra que se conserva integra.

Dirixida en 1929 por Luis R. Alonso, a obra percorre as catro provincias, mostrando paisaxes costeiras e rurais, cidades en transformación, arquitecturas desaparecidas, escenas de traballo agrícola e mariñeiro, festas populares, a vida nos balnearios e mesmo unha comarca de Ferrol que xa despuntaba na construción naval. A través de imaxes en ton sepia, o filme captura a esencia de Galicia a principios do século XX.

Publicidade

Fragmento do filme ubicado na praia de Riazor. Deputación da Coruña.

A película xurdiu con motivo da Exposición Iberoamericana de Sevilla, un escaparate no que as provincias e rexións españolas buscaban proxectar a súa identidade. Case 100 anos despois, foi restaurada a partir da copia en celuloide que durante décadas estivo custodiada polo Arquivo da Deputación e que posteriormente foi enviada á Filmoteca Nacional para o seu tratamento e preservación.

Fragmento do filme nos estaleiros de Ferrol. Deputación da Coruña.

A restauración realizouse a partir da copia orixinal conservada no Arquivo da Deputación da Coruña, que posteriormente foi depositada na Filmoteca Nacional. Este proceso permitiu recuperar a textura e a montaxe orixinais, así como incorporar unha nova banda sonora, creada e dirixida por Maximino Zumalave, inspirada en obras de compositores contemporáneos ao filme, como Rodríguez Losada ou Andrés Gaos. A banda sonora foi interpretada en directo polo Cuarteto Novecento durante o acto de presentación. Así, o documental insírese na historia e deixa tras de si unha serie de fotogramas que nos permiten contemplar Galicia de hai un século.

Publicidade

  • Castelo de San Antón e praia do Parrote
  • Cantones en 1929. Fotograma do documental 'Unha viaxe por Galicia'. Deputación da Coruña
  • Cabo Vilán en 1929. Fotograma do documental 'Unha viaxe por Galicia'. Deputación da Coruña
  • Claustro de Sobrado en 1929. Fotograma do documental 'Unha viaxe por Galicia'. Deputación da Coruña

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro