Xeoloxía

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais

90 anos do día que Parga Pondal ordenou en Porto a historia do granito

A cidade do Douro acolleu en 1935 un encontro entre as intelectualidades lusa e galega no que o xeólogo presentou a primeira cronoloxía da formación do granito en Galicia e o norte de Portugal

Que é o grisú, o gas que está detrás da traxedia na mina de Asturias

O gas que libera o carbón é un dos maiores perigos aos que se enfrontan os mineiros por ser altamente inflamable e pola súa capacidade para quitarlles o osíxeno dentro das galerías

Do Galiñeiro a Ourense: os xacementos que fan de Galicia unha posible potencia en terras raras

O xeólogo Pablo Nuñez enumera as diferentes zonas da comunidade que poden albergar elementos esenciais para a industria tecnolóxica

Cabo Ortegal é declarado Xeoparque Mundial da Unesco

A denominación pon en valor o enclave dende o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural, con rochas de máis de 400 millóns de anos

Achados casualmente fósiles de hai 480 millóns de anos no Xeoparque do Cabo Ortegal

Pénsase que pertencen aos crinoideos, que hoxe se coñecen vulgarmente como lirios de mar

O enxeñeiro Schulz e o primeiro mapa xeolóxico de Galicia

O xeólogo alemán trazou o Mapa Petrográfico do Reino de Galicia en 1834, o primeiro de España

Timanfaya, a erupción sen fin que transformou Lanzarote no XVIII

“O 1 de setembro (de 1730) entre as nove e dez da noite a terra abriuse de súpeto preto de Timanfaya, a dúas leguas...

Publican o primeiro mapa de alta resolución sobre o substrato dos fondos mariños cantábricos

A cartografía abrangue máis de 200.000 quilómetros cadrados, estudados durante sete expedicións a bordo do buque "Hespérides"

Pedro Castiñeiras: “Segue habendo moito debate sobre a orixe das illas Canarias”

O xeólogo galego, profesor da área de Petroloxía e Xeoquímica da Complutense de Madrid, explica a dificultade de coñecer con precisión a evolución das erupcións

Como desembocaron os terremotos de La Palma nunha erupción

Os movementos de magma baixo as Canarias adoitan provocar tremores, pero desta vez a rocha fundida agromou á superficie. Por que aconteceu?

O incendio de Ribas de Sil afectou ao sinclinal de Castro Dares, no xeoparque do Courel

Este pregamento é un dos lugares de interese dentro do parque recoñecido pola UNESCO polo gran valor xeolóxico que acolle

Cinco recunchos para descubrir este verán na provincia da Coruña

Monte Branco, o cumio da provincia, xeoloxía ao aire libre en Ortegal , ou a arte rupestre e megalítica en Compostela e Costa da Morte

A primeira bomba atómica xerou un cuasicristal: o segredo que gardaba a trinitita

Descobren estas estrañas distribucións da materia en rochas que se xeraron trala explosión de xullo de 1945 no deserto de Novo México

As pontes sobre o Ulla en Gundián: arte por duplicado para salvar unha xeoloxía singular

Os viadutos que se erguen no paso de San Xoán da Cova unen as beiras do río nun afloramento de cuarzo de grande interese mineral

Café e area para explicar os terremotos en Galicia

Un novo estudo dun equipo de xeólogos explica os sismos no noroeste da península ibérica cun modelo sinxelo axudado por computación e láser