O incendio de Ribas de Sil afectou ao sinclinal de Castro Dares, no xeoparque do Courel

Este pregamento é un dos lugares de interese dentro do parque recoñecido pola UNESCO polo gran valor xeolóxico que acolle

Unha vez controlados os dous incendios, moi próximos entre si, que afectaron a comezos de semana aos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Quiroga, é momento da avaliación dos danos na superficie danada polo lume, que as estimacións sitúan arredor de 1.700 hectáreas. Ademais do risco que supuxo para algúns núcleos de poboación na ribeira dos ríos Sil e Lor, as lapas afectaron a parte da Rede Natura dentro do LIC Ancares-Courel e, ademais, a un dos enclaves catalogados dentro do xeoparque da UNESCO Montañas do Courel, o único existente en Galicia.

Así, ardeu parte da vexetación que cobre o sinclinal de Castro Dares, segundo recolle este venres La Voz de Galicia. Un dos membros do comité científico do xeoparque, Daniel Ballesteros, explica que as altas temperaturas xeradas polo lume “poden causar cambios químicos na composición das rochas”, degradándoas e facilitando a súa descomposición, polo que se poderían producir desprendementos no enclave. Do mesmo xeito, os incendios afectaron aos restos das minas de ouro romanas de Margaride de Lor, uns depósitos erosivos en Quintá de Lor e outros elementos patrimoniais catalogados en Rairos, Barreiro, O Penedo ou Riquisande. Ballesteros apunta que, por agora, non se puido comprobar con detalle se houbo danos reais no pregamento, pero incide na preocupación polas “alteracións do patrimonio xeolóxico que puido provocar o incendio neste e outros puntos do xeoparque.

Publicidade

Castro Dares, un lugar de interese xeolóxico

O enclave de Castro Dares sitúase fronte ao lugar de Nogueira (Ribas de Sil) e a N-120, que están na outra beira do Sil, e esténdese monte arriba desde a vía do tren entre Monforte e Ponferrada. O Instituto Geológico y Minero de España (IGME) cataloga este pregamento de capas de cuarcita do Ordovícico como un dos lugares de interese xeolóxico (LIG) na zona, destacando que é unha “interferencia de dobramentos das dúas fases hercínicas de deformación, que son facilmente observables na aba norte do val do Sil”. O seu nome evidencia, ademais, a existencia de asentamentos prehistóricos, xa que desde o cumio do monte disponse dunha ampla panorámica da contorna.

O pregamento de Castro Dares pode contemplarse desde un dos xeomiradoiros que compoñen o xeoparque, tal e como destaca o organismo xestor do mesmo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024