Cal é o risco de incendio no teu concello? Descúbreo no novo mapa interactivo da AEMET

A ferramenta en liña combina variables meteorolóxicas con parámetros sobre o estado real do territorio para anticipar o perigo de incendios

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) presenta o Índice de Perigo de Incendios Forestais (IPIF), coincidindo co inicio da campaña de 2026. Esta nova ferramenta supón unha evolución do sistema anterior e está deseñada para reforzar a capacidade de anticipación e resposta ante os lumes, dado que permitirá identificar con maior precisión as situacións de perigo moi alto ou extremo en incendios forestais.

A gran diferenza deste novo mapa interactivo radica en que xa non se limita a variables meteorolóxicas tradicionais como a temperatura, o vento ou a chuvia acumulada, senón que integra parámetros sobre o estado real do territorio, como a humidade do solo e o estado da vexetación, este último monitorizado grazas á observación por satélite.

Publicidade

Ademais, o mapa adecúase de forma específica ás características de cada contorna ao incluír datos sobre os usos do solo. Así, as estimacións adáptanse baixo a premisa de que a dispoñibilidade de combustible e o comportamento do lume varían significativamente se se trata dunha zona agrícola, unha masa forestal ou unha área urbana.

Outra das melloras fundamentais deste mapa é a súa resolución espacial, que se multiplica ao pasar dunha cuadrícula de 5 quilómetros a unha de só 1 quilómetro, é dicir, que cada cuadrícula pasa ser máis detallada, o que permite representar con maior precisión as condicións do territorio e identificar de forma máis afinada os puntos críticos.

Publicidade

A previsión do risco desta semana

A escala de risco do mapa amplíase a seis categorías coa introdución do nivel “moi baixo”, que se suma aos xa existentes (baixo, moderado, alto, moi alto e extremo), a partir das referencias tomadas do período 2015-2024.

O mapa ofrece unha previsión a sete días, polo que é posible coñecer o perigo de lumes en cada territorio de xeito anticipado. Durante esta xornada, Galicia permanecerá cun risco moderado na maior parte da comunidade, con zonas de risco moi alto no norte da provincia de Lugo e baixo na costa occidental galega. O sábado manterá niveis de perigo similares, coa diferenza de que a costa de Pontevedra pasará a entrar, tamén, nun risco moderado. A semana rematará cunha franxa de risco alto que atravesará as provincias da Coruña e Lugo, e cunha área significativa de perigo moi alto no norte galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

Aliado natural contra a velutina en Galicia: cada parella de abelleiro europeo elimina ata 80 niños por tempada

Unha investigación con participación galega estima que a rapaz como servizo ecosistémico podería ter un valor de 6,4 millóns de euros anuais

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores