Unha nova app de ciencia cidadá facilitará a detección temperá de incendios en Galicia

A Xunta ten previsto o seu lanzamento en xullo e estará integrada cos sistemas de alerta existentes e coa rede de vixilancia con intelixencia artificial

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 aínda se notan hoxe. Co obxectivo de ampliar os mecanismos de detección temperá, nace unha nova aplicación móbil de ciencia cidadá para facilitar o aviso dos conatos e lumes. Promovida pola Xunta de Galicia, o obxectivo é que estea dispoñible no mes de xullo, no inicio da campaña de risco, segundo sinalaba o presidente Alfonso Rueda. Esta é unha das principais novidades da actualización deste ano do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que se presentará este próximo venres no Consello Forestal.

A través desta ferramenta búscase ampliar a rede colaborativa de vixilancia e prevención de incendios, unha liña estratéxica do Pladiga 2026, favorecendo que a cidadanía forme parte activa do sistema de alertas e complementando deste xeito a cooperación telefónica a través do 085 e o 112. Con tan só tres pulsacións, o usuario poderá alertar da presenza de calquera incendio forestal, facilitando os datos de xeolocalización, e achegando as coordenadas do punto aproximado e a súa situación sobre o mapa físico ou foto aérea. Ofrecerase tamén a posibilidade de realizar unha fotografía ou vídeo, engadir notas de voz e achegar observacións relevantes. As alertas recibiranse nos centros de coordinación provincial da Xunta.

Publicidade

Tamén no eido tecnolóxico, este ano ampliarase “nun 30% da rede de videovixilancia”, que chegará a un total de 241 cámaras en 111 puntos distribuídos por todo o territorio galego. Así, na aplicación de xestión interna de incendios XeoCode despregarase un sistema de intelixencia artificial (IA) que permitirá a detección automática e inmediata de fume e focos iniciais do incendio. A IA incorporada alertará de xeito automático tras un filtrado, para posteriormente comprobar o aviso de xeito manual por parte dos técnicos e iniciar o operativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse do 12 de agosto converterá a natureza nun gran laboratorio para estudar a reacción dos animais

O Proxecto TriEclipse, coordinado polo documentalista Angel García-Rojo, busca investigar o comportamento da fauna en todo o territorio nacional no que se acade máis dun 98% de escuridade

Galicia arrinca agosto cun descenso das temperaturas e máis risco de chuvias

As precipitacións superan o 50% de probabilidade ata o xoves no norte, mentres as Rías Baixas recuperarán temperaturas próximas aos 30ºC cara á fin de semana

Radiografía do lume

Os incendios da Comunidade de Madrid e da provincia de Álava foron emerxencia nacional, e isto é o que aprendimos dos lumes de agosto de 2025 en Galicia. Por Andrea Veiga

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca