Que tempo irá en Galicia en Semana Santa? Isto apuntan os primeiros prognósticos

A AEMET sinala que non se poden descartar chuvias no terzo norte pero advirte que a predición pode "variar considerablemente" nos próximos días

“Hai moita incerteza no prognóstico”, recoñece a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) en relación á semana do 30 de marzo ao 5 de abril, cando se celebrará a Semana Santa e haberá dous días festivos en Galicia: o xoves 2 e o venres 3. Segundo detalla a institución no seu blog, ata o de agora prevese unha semana “con precipitacións escasas na maior parte do oeste e sur peninsular”. Porén, non se poden descartar chuvias no terzo norte, no leste e nos arquipélagos. En canto ás temperaturas, estarían en torno aos valores normais para esta época do ano. Polo tanto, aínda non hai información moi concluínte e dende a AEMET advirten que a predición “pode variar considerablemente”.

Dende o portal meteorolóxico Eltiempo.es, o experto Roberto Granda analiza os rexistros climatolóxicos de Semana Santa entre os anos 1991 e 2020 para establecer probabilidades de chuvia e temperaturas en España. En canto a isto último, entre finais de marzo e comezos de abril as temperaturas adoitan ser frescas, sobre todo pola mañá e nas zonas de interior. Pola contra, as máximas son suaves. En canto ás precipitacións, é frecuente que chova nalgún momento da Semana Santa. De feito, as catro provincias galegas rexistraron polo menos un evento de chuvias no 80% dos anos analizados.

Publicidade

Previsión ata o 31 de marzo

Dende os dous servizos meterolóxicos insisten na incerteza do prognóstico. A tendencia actual é a tempo solleiro en case toda a península, pero os datos históricos demostran que a chuvia é moi probable en Semana Santa. De momento, entre o 23 e o 29 de marzo Galicia vivirá xornadas solleiras e sen apenas chuvia. De feito, as temperaturas máximas manteranse en valores agradables, por enriba dos 20 graos, ata o martes. O mércores comezarán a descender nas cidades do terzo norte, que non acadarán máis de 14 graos. O xoves continuarán a baixar en todo o territorio de Galicia.

A análise do tempo a medio prazo realizada por Meteogalicia non prevé chuvias. De feito, as probabilidades de tempo solleiro acadan ata o 80% ata o martes 31 de marzo. Isto débese a que Galicia permanecerá durante este período baixo a influencia das altas presións, malia que circulará o vento do nordés. Haberá poucas probabilidades de chuvia pero as temperaturas manteranse en valores suaves e irán descendendo conforme avance a semana.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual