Galicia pasa das borrascas aos 25 graos ás portas da primavera

O anticiclón das Azores traerá ceos despexados e un ascenso das temperaturas, mentres continúa o temporal no litoral

Catro días son os que faltan para que comece oficialmente a primavera. Tras semanas marcadas polo paso continuo de borrascas, o tempo dá un respiro en Galicia e tende a estabilizarse. Segundo MeteoGalicia, o anticiclón das Azores está situado sobre a comunidade, favorecendo ceos máis despexados e un notable ascenso das temperaturas. Este cambio notarase especialmente o martes, cando os termómetros poderán acadar os 25ºC en Vigo, Pontevedra e Ourense.

En Santiago de Compostela, A Coruña ou Lugo, as máximas tamén subirán, aínda que quedarán arredor dos 20ºC ata o mércores. Dende ElTiempo.es apuntan a que as previsións dependerán en boa medida da posición que adopte a borrasca Samuel e da intensidade do vento do sur.

Publicidade

A pesar dun inicio de semana soleado en terra, o temporal seguirá deixando pegada no mar. O servizo meteorolóxico galego indica que os modelos de ondas prevén a chegada de mar de fondo. Entre Fisterra e Estaca de Bares as ondas poderán superar os 5 metros, motivo polo que se activa a alerta laranxa, mentres que no resto da costa galega alcanzarán arredor dos 4 metros.

De cara á metade da semana, a estabilidade podería romper. O portal meteorolóxico Meteored sinala que entre o mércores e o xoves poderían rexistrarse algunhas chuvias febles e dispersas en Galicia, coincidindo co Día do Pai. A partir dese momento, a situación sinóptica podería experimentar un novo cambio. Os modelos apuntan á posible aproximación de baixas presións tanto polo Atlántico como polo Mediterráneo, o que abriría a porta a un final de semana máis inestable.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol