A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

“O Pazo de Fonseca acollerá a exposición Camelia, flor de Galicia do 2 ao 4 de abril, reforzando a proposta turística de Santiago de Compostela durante a Semana Santa”. Así o anunciou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles durante a presentación da mostra que, ademais de consolidar este recurso como singular e identitario de Galicia, contribuirá nesta ocasión “a enriquecer a experiencia dos visitantes e a reforzar o posicionamento da cidade como destino de referencia”.

A mostra, que terá lugar no Claustro do Pazo de Fonseca con acceso libre, combina a tradición botánica da camelia con elementos representativos do traxe galego. Máis de 200 variedades desta flor emblemática poderán contemplarse nunha coidada montaxe escenográfica que incorpora, como novidade este ano, instalacións audiovisuais para enriquecer a experiencia do visitante.

Publicidade

Esta iniciativa lévase a cabo xunto á coordinación da Sociedade Española da Camelia e a Universidade de Santiago de Compostela. Contará coa participación de 25 coleccionistas e entidades, entre as que se atopan asociacións e institucións de referencia no ámbito da camelia, consolidando así o carácter especializado e de calidade da proposta.

Turismo sostible

Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou que esta proposta sumarase á oferta cultural da cidade xerando contido adicional aos actos propios da Semana Santa en Santiago, dando a coñecer un produto turístico singular de Galicia xunto as outras propostas ao redor desta flor como é a Ruta da Camelia en Flor, parte dos itinerarios dos Trens Turísticos de Galicia.

Publicidade

Trátase dunha ferramenta para fomentar un modelo turístico máis sostible e desestacionalizado. Esta ruta inclúe actualmente 19 espazos singulares entre xardíns e recursos asociados da comunidade. Combínase con actividades complementarias vinculadas coa enogastronomía, o turismo de natureza e o patrimonio arquitectónico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Sendegal, a nova aplicación para descubrir máis de 120 rutas de sendeirismo en Galicia

A ferramenta impulsada por Turismo da Xunta ofrece mapas interactivos, descargas sen conexión e información detallada dos percorridos

Galicia, porta de entrada da eclipse solar de agosto: esta é a guía dixital para planificar a observación

A páxina web de Turismo da Xunta ofrece mapas interactivos, horarios por concello e recomendacións de seguridade para seguir o fenómeno

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”