A espectacular foto dunha camelia mergullada gaña “A Ciencia en Imaxe”

O segundo galardón, impulsado pola RAGC e a USC, foi para unha instantánea que amosa unha tea de araña sobre o río Miño

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocaron o XI Concurso “A Ciencia en Imaxe”. Neste certame prémianse fotografías divulgativas de calquera contido relacionado coas ciencias. Diríxese á comunidade universitaria da USC. Os premios desta edición entregáronse na mañá deste xoves na Aula Magna da facultade de Química durante o acto de celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias. 

As premiadas

‘O Miño é de todos”, imaxe de Sabela Álvarez Matilla e segunda premiada en ‘A Ciencia en Imaxe’

A gañadora do primeiro premio, dotado con 200 euros, foi María del Pilar Vázquez Tato, investigadora e docente da facultade de Ciencias do Campus de Lugo, pola instantánea Tensión e impacto. Explica que “a tensión superficial é unha propiedade físico-química na que, debido ás forzas de atracción entre as moléculas dun líquido, a superficie compórtase como se estivese recuberta dunha fina membrana elástica que resiste forzas externas. É unha propiedade moi importante, xa que esclarece moitos dos comportamentos dos líquidos e xustifica, por exemplo, que algúns insectos poidan pousarse na auga sen se afundiren, como é o caso da cabra cega. Cando un obxecto ou materia —nesta fotografía unha flor de camelia— choca coa superficie da auga, a forza de impacto é capaz de romper esa película, o queal permite que o obxecto se mergulle”.

Publicidade

O segundo galardón, dotado con 100 euros, recaeu en Sabela Álvarez Matilla, estudante do grao en Bioquímica da facultade de Ciencias do Campus de Lugo, pola imaxe titulada O Miño é de todos. Amosa unha tea de araña sobre o río Miño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe