Que é o grisú, o gas que está detrás da traxedia na mina de Asturias

O gas que libera o carbón é un dos maiores perigos aos que se enfrontan os mineiros por ser altamente inflamable e pola súa capacidade para absorber osíxeno

Asturias está de loito pola morte de cinco traballadores no accidente rexistrado na mañá do luns 31 de marzo na mina de Zarréu que deixou outras catro persoas feridas de diversa consideración. Malia que as causas do sinistro aínda están por confirmar, todo apunta a unha explosión de grisú, o gas que máis temen os mineiros das explotacións de carbón.

O grisú é un gas fundamentalmente composto por metano que ten a mesma orixe que o carbón e que se orixina ao mesmo tempo que este mineral. Un 95% deste gas atópase absorbido sobre a superficie interna do carbón, namentres que o 5% restante está libre nas gretas, fisuras e fracturas do propio mineral.

Publicidade

O perigo do grisú reside en que é altamente inflamable e denso, o que fai que mesmo poida estourar sen necesidade de chama. Ademais, acostuma a ser inodoro, polo que só pode ser detectado con material específico.

Nas minas de carbón acumúlase pola descomposición de materiais orgánicos ou polos procesos de fractura dentro do interior dos xacementos, liberándose do mineral nun proceso que se denomina desgasificación.

Publicidade

O perigo do grisú

Explosións de grisú como a acontecida na mina de Cerredo, no concejo asturiano de Degaña, poden producirse cando este gas se expón a fontes de enerxía como chamas, chispas, ondas de choque ou superficies ou gases quentes.

Un dos traballos fundamentais no interior das minas é manter a concentración de grisú no aire en niveles baixos. Sempre que supere o 5%, o metano pode inflamarse, polo que o obxectivo nas explotacións mineiras é que rolde entre o 1 e o 1,2%. A concentración máis perigosa sitúase no 9,5%, na que o grisú necesita a menor enerxía para estourar.

A deflagración deste gas pode agravarse máis no caso de que exista carbón nas paredes das galerías. Isto fai que se incendien as partículas en suspensión na atmósfera, xerando unha explosión do po de carbón que avanzará pola mina.

O perigo deste gas non se limita a súa inflamabilidade. Tamén pode asfixiar aos mineiros que se atopen cunha balsa de grisú en cuestión de poucos segundos debido á súa alta absorción de osíxeno, que rolda entre o 80 e o 90 por cento.

A ventilación e o emprego de equipos especiais son as dúas principais ferramentas preventivas para evitar problemas co grisú, que debe estar controlado en todo momento mediante o emprego de metanómetros o grisuómetros. Na minería antiga, a tecnoloxía empregada para medir a concentración de gases eran os canarios, que eran levados en gaiolas ao interior das galerías pola súa alta sensibilidade a estes axentes.

Traxedias nas minas

O nome da mina de Zarréu queda desde o 31 de marzo de 2025 inscrito la negra lista de traxedias mineiras, moitas delas causadas polo grisú. A máis grave tivo lugar en 1906 en Courrières (Francia) onde morreron 1.099, segundo as cifras oficiais, nunha explosión que percorreu 110 quilómetros de galerías nesta mina situada o norte do país galo.

En España, unha explosión de gas grisú causou 30 mortos na mina de Figols (Barcelona) en 1975. 20 anos despois, no ano 1995, 14 mineiros perderon a vida ao estoupar unha galería do pozo de San Nicolás, na conca de Mieres, tamén en Asturias.

A máis recente tivo lugar en 2013 na mina leonesa de Emilio del Valle. Neste caso non foi unha explosión, senón a concentración de grisú a que provocou a morte por asfixia de seis traballadores.

1 comentario

  1. Sobor de todo deberíase lembrar a irresposabilidade, imcopetencia profesional e inexperiencia da empresa operadora nesta mina (un auténtico ‘chiringuito’ ) que o propio MITECO avalou con case un millón de euros. Unha auténtica neglixencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un verme invasor devora mexillóns e ameixas en Asturias: as posibilidades de que chegue a Galicia

A especie, orixinaria de Nova Zelandia e identificada por primeira vez en Europa, pode supoñer unha seria ameaza para especies con valor comercial

Radiografía da nova avespa xigante que apareceu en Asturias: xa está en Galicia?

Un equipo da Universidade de Oviedo detecta catro exemplares en Siero. Trátase do primeiro rexistro desta especie en Europa

Un estudo da USC aposta polos tecnosolos para mitigar o impacto ambiental da minaría

A investigación, realizada polo científico Xosé Lois Otero, foi publicada na revista Communications earth & environment, do grupo Nature

O Xistral e os montes do Bocelo: a pegada da contaminación da minaría romana na Gallaecia

As actividades extractivas chegaron a ter un impacto a nivel hemisférico, detectado hoxe nos rexistros do xeo do Ártico