Un estudo da USC aposta polos tecnosolos para mitigar o impacto ambiental da minaría

A investigación, realizada polo científico Xosé Lois Otero, foi publicada na revista Communications earth & environment, do grupo Nature

A construción de ‘tecnosolos’, tal e como se coñecen as superficies creadas a partir de refugallos da actividade mineira e doutros materiais naturais, antóllase como estratexia ou solución apropiada para compensar ou, cando menos, compensar até un 60% as emisións de CO2 derivadas das actividades mineiras, ademais de para favorecer a restauración de servizos ecosistémicos nestes enclaves, segundo se recolle no artigo “Construción de solos para a minaría climaticamente intelixente”, que vén de ser publicado na revista Communications earth & environment, do grupo Nature.

Esta publicación internacional liderada desde a universidade brasileira de Sao Paulo e na que tamén participa o investigador do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola na EPS de Enxeñaría do Campus Terra e coordinador científico da Rede de Estacións Biolóxicas (Rebusc) da USC, Xosé Lois Otero, ademais doutros investigadores norteamericanos e de La Sorbona, defende a construción de tecnosolos saudables como unha alternativa baseada na natureza que debería terse en conta nas futuras políticas ambientais dos principais países mineiros, dado que as actividades extractivas desenvolvidas en superficie están estreitamente ligadas ao cambio climático.

Publicidade

Na actual conxuntura de cambio climático, cómpre o compromiso de todos os sectores económicos a prol da descarbonización global, apuntan os investigadores, que tamén salientan o alto impacto medioambiental que causan as explotacións mineiras, así como a súa elevada emisión de gases de efecto invernadoiro, sobre todo de dióxido de carbono. Fronte a esta realidade e logo de destacar a necesidade de acadar solucións viables en todos os ámbitos, os autores desta publicación demandan tamén premura para cuantificar as emisións indirectas de gases contaminantes, tal e como son aquelas derivadas do movemento de solos e da vexetación, dado que na actualidade só está cuantificada a contaminación asociada a consumos enerxéticos.

Neste senso, o artigo ‘Construción de solos para a minaría climaticamente intelixente’ faise eco dun estudo de investigadores da Escola Superior de Agricultura Luiz de Queiroz (ESALQ) que cifra en máis de cinco millóns de hectáreas a superficie destinada a actividade mineira en Brasil. Estas áreas, subliñan os investigadores, almacenan preto de 2,5 xigatoneladas de CO2 equivalente, en forma de biomasa vexetal e, principalmente, materia orgánica do solo. Daquela, a preservación ou recuperación este stock de carbono é vital, xa que o seu impacto ambiental suporía arredor do 5% das emisións anuais de CO2 xerada pola actividade humana en todo o mundo.

Publicidade

Recuperación de áreas

A recuperación das áreas afectadas pola actividade mineira a través da creación de tecnosolos con materiais axeitados procedentes doutras actividades humanas e industriais, así como con refugallos urbanos e mesmo da minaría, permitiría o establecemento do substrato necesario para o posterior desenvolvemento de plantas, xa sexan especies agrícolas ou forestais, ao tempo que favorecería que a materia orgánica amoreada contribúa a secuestrar carbono.

Alén deste efecto na mitigación e reducción de gases contaminantes, os tecnosolos, sosteñen os investigadores que asinan este artigo, teñen a capacidade de restaurar servizos ecosistémicos esenciais destruídos pola actividade mineira, tal e como son a produción de alimentos e enerxía, protección da biodiversidade, regulación da calidade do aire e da auga… Daquela, os tecnosolos antóllanse como unha solución natural prometedora para frear o cambio climático e avanzar na recuperación de solos e espazos degradados pola actividade mineira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"